O Concello renovará o pavimento no entorno do CEIP do Carballal con una inversión de 58.500 euros

A execución das obras realizarase grazas a unha axuda da Deputación de Pontevedra e suporá a reorganización dos espazos, a mellora dos usos entre o tráfico rodado e o peonil e a instalación de reductores de velocidade, entre outras actuacións.
27 de febrero de 2024
1 minuto lectura
IMAGEN CEIP PLURILINGUE CARBALLAL

Máis seguridade viaria e unha aposta firme pola mobilidade. Eses son os eixos sobre os que pivota o novo proxecto para o que o Concello vén de acadar financiación grazas a unha axuda da Deputación de Pontevedra e que consistirá na renovación do pavimento do entorno do CEIP do Carballal.

Esta obra, que ten un prezo base de licitación de que supera os 58.500 euros, beneficiará ao vial perimetral do centro educativo, actuando sobre 3.200 metros cuadrados de superficie.

Tal e como se pode ler na memoria do proxecto, “trátase dunha actuación moi importante, pois é o itinerario obligado de acceso ao centro escolar. Suporá unha mellora significativa en canto á seguridade viaria e á ordenación do tráfico rodado e peonil, cunha nova distribución dos espazos da vía”.

Actualmente, o estado do vial é desordenado, cun pavimento na calzada en mal estado, un tipo de estacionamento de vehículos desorganizado e cun itinerario peonil escasamente sinalizado. Así, rehabilitarase o pavimento do firme da vía, implementarase itinerarios peonís seguros, colocaranse reductores de velocidade en puntos estratéxicos que contribúa ao calmado de tráfico no entorno do centro e renovarase a sinalización.

horizontal e vertical. Ademais, realizarase unha limpeza e desbroce das marxes e das cunetas. Unha vez acadada a financiación do ente provincial, será o momento de iniciar o expediente para a contratación das obras que, unha vez iniciada a súa execución, terán unha duración dun mes.

Lola Fernández

Lola Fernández

📰 Directora de Diario Marín
👩‍🎓 Licenciada en Ciencias de la Información (Periodismo) – UCM
💰 Máster en Información Económica – UCM
📚 Grado en Estudios Ingleses – UNED – Titulada en Literatura Victoriana, especialista de Las Hermanas Brönte, por la Universidad de Oxford (UK).
🌍 Inglés | Italiano | Ruso | LSE Lengua Signos Española – Titulada en Literatura Rusa Siglo XIX por la Universidad Lamanasov (Mosú-Rusia).
✍️ Autora de El Pazo de Lourizán y El secreto de La Perfección de la Editorial Harper Collins Ibérica
🗞️ Medios Cinco Días, El País Negocios, Intereconomía, La Gaceta de los Negocios, El Economista, Mi Cartera de Inversión, entre otros
💼 Experta en Comunicación Corporativa
📢 Dircom en la CMT (actual CNMC)
🏢 Directora de Comunicación para multinacionales:
Solarcentury | Vesuvius | MOA-BPI | Banco Madrid | Banco Popular | Ahorro Corporación Financiera | Trea Capital | Parques Reunidos | CEPSA | BNP Paribas Real Estate
#️⃣ Comunicación y Contenido | 📣 Dircom | 🗞️ Medios | 🌐 Multinacionales | ✍️ Escritora

Deja un comentario

Don't Miss