O local de hostalaría da punta do Paseo Alcalde Blanco e Kioskos das praias xa teñen adxudicatarios

O Concello de Marín vén de adxudicar a explotación do local da punta do Paseo Alcalde Blanco a Asunción Méndez, por un canon mensual de 690 euros.
14 de mayo de 2025
1 minuto lectura
A Bailona, en el Paseo Alcalde Blanco.
A Bailona, en el Paseo Alcalde Blanco.

Despois de que as outras cinco ofertas que supoñan unha contía máis vantaxosa renunciasen ao servizo, o Concello de Marín vén de adxudicar a explotación do local da punta do Paseo Alcalde Blanco a Asunción Méndez, por un canon mensual de 690 euros.

O prazo de duración deste arrendamento será de dous anos, coa posibilidade de prorrogarse durante outros dous.

Trátase dunha aposta, polo tanto, a un longo prazo, que permita explotar o local de restauración ofrecendo un servizo de hostalaría con grandes posibilidades, dada a ubicación e o encanto do Paseo Alcalde Blanco.

Por outro lado, a Mesa de Contratación do Concello tamén adxudicou a xestión dos kioscos das praias durante os próximos catro anos. Adxudicáronse polas seguintes contías anuais:

● Mogor, por 8.895 euros
● Aguete, por 1.181 euros
● Loira, por 5.000 euros
● O Santo por 1.125 euros

No caso de Portocelo, a licitación quedou deserta pero volverá saír á maior
brevidade posible. Nun punto similar se atopa a licitación para a xestión do Bar de Portocelo, sobre o que se está facendo un estudo de costes para poder sacar de novo a súa explotación para que as persoas interesadas nel poidan presentar as ofertas pertinentes.

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja un comentario

Don't Miss