O Museo do Mar espera dende hai anos a que o Concello de Marín lle facilite un local

Entrar en Marín, supón moitas veces ir en busca dun mar que non da aparecido. Muros, buques, naves e agora o edificio do novo auditorio fan de pano cobertor a un Marín que dice querer abrirse de novo ao mar. Por iso, o Museo do Mar de Marín, supón unha porta, polo de agora interior, a ese mar de Marín que moita xente que visita a vila vén buscando.
9 de mayo de 2025
4 minutos de lectura
Foto tomada en el interior del Museo do Mar. En ella de izquierda a derecha, de pie y posando las manos en un timón aparecen Xosé María Vilaboa, secretario, Jesús Ogando, vogal e José Antonio Pérez Santiago, presidente do Museo do Mar.
Xosé María Vilaboa, secretario, Jesús Ogando, vogal e José Antonio Pérez Santiago, presidente do Museo do Mar.

Hai xa oito anos que José Antonio Pérez Santiago, presidente do Museo do Mar de Marín, pasou de coleccionar pezas marítimas, a poñer en marcha o que hoxe é unha enorme exposición de pezas relacionadas co mar.

“As mulleres do colectivo O Abeiro animáronme a restaurar moitas delas e facer unha exposición ao público no mercado” conta José Antonio. O éxito da mesma foi tal que á iniciativa de ter un local onde expoñer todo canto tiña e lle ía chegando pareceulle factible, conta, mentras amosa a campá que recibe aos visitantes na porta principal e que el mesmo conseguiu traer dun barco no que navegou por Irlanda.

José Antonio Pérez Santiago, presidente do Museo /Bitácora de Antonio Rama Laguna/ Maqueta de batea

Contan coa financiación dos/as socios/as

Na actualidade o museo conta tanto con pezas propias, como con pezas cedidas, como é o caso da espectacular colección do anticuario santiagués Antonio Rama Laguna ou do profesor de Bioloxía, César Pais.

Peixes de Galiza en formol/ Colección de moluscos galegos

Hai tamén barcos dos maquetistas Pedro Pena ou Jesús Ogando (posa nas fotos con algunhas delas), ambos vogais da Asociación Museo do Mar.

Maqueta do primeiro barco de Marín / Jesús Ogando posa coas súas maquetas

Porque o Museo, para se poder financiar non tivo máis remedio que se organizar como asociación. A través dela poden sufragar os gastos propios do local no que están acomodados temporalmente e que pertence a Abanca. Levan anos en conversas co Concello de Marín, quen, ata o de agora, non foi quen ainda de lles ceder un local muncipal para se ubicar.

Tanto a Deputación como o Concello de Marín apoian o Museo, este último cunha pequena subvención, tal e como fan coas demais asociacións da vila, pero o Museo tense que manter maioritariamente coas aportacións da xente afiliada, así como do merchandising e das múltiples actividades que organizan ao longo do ano.

José Antonio Pérez Santiago, Jesús Ogando e Xosé María Vilaboa, na zona adicada a carpintería de ribeira no Museo, tendo como pano de fondo todas as ferramentas nunha madeira colocada na parede.

José Antonio Pérez Santiago, Jesús Ogando e Xosé María Vilaboa, na zona adicada a carpintería de ribeira .

A necesidade dun local municipal

Na actualidade a Asociación do Museo do Mar trasladou á alcaldesa, María Ramallo, a necesidade de levar a súa sede a un lugar máis amplio cerca do porto, dado que o limitado da súa actual ubicación impídelles exponer moitas pezas que teñen e que os habitantes de Marín van cedendo ao museo para a súa exposición.

Tal e como afirma Xosé María Vilaboa, secretario da Asociación, “a cidadanía entregou o fronte litoral ao porto, por iso agora debería ser o momento de recoñecer o favor ao pobo de Marín e devolver parte desa cesión, facéndonos un espazo para albergar o museo que é do pobo”.

Máis de 4000 visitas ao ano

O Museo do Mar, e a pesar da súa precariedade en canto a instalacións, recibe unhas 4000 visitas ao ano, e todo iso sin contar cunha apoio do ámbito turístico de Marín. Colexios, Institutos, grupos de Erasmus e xente extranxeira é o seu público maioritario.

“A xente vai chegando a nós polo boca a boca e sobre todo polas actividades que facemos ao longo do ano vencelladas ao mar” di José Antonio. Entre esas actividades están exposicións fotográficas, numismáticas, obradoiros de nudos etc.

Paneis de nós de mar, na zona onde o presidente imparte obradoiros para fabricalos.

Podemos dicir que o Museo do Mar se considera a si mesmo unha entidade cultural de peso en Marín, ainda que moitas veces non se sentan tan recoñecidos polas entidades administrativas como lles gustaría. “Cando empezamos, a xente non daba un peso polo proxecto” comenta o seu presidente, “pero agora a xente de Marín está encantada co que facemos e ata nos traen pezas ou veñen a comentar as novidades con nós.

De feito este museo arraigou porque entre a xente de Marín hai un forte sentimento de amor ao mar, ainda que moitas veces a actividade máis industrial e menos artesanal llo faga decaer, pero nas nosas familias sempre houbo xente que se adicou ao mar dun xeito ou doutro”.

É por iso que a Asociación fai unha gran labor coa recuperación da Memoria do Mar, tanto, que se gaban de ter unha das meirandes coleccións de fotos antiguas relacionadas co mundo do mar de Marín, coa que hai anos fixeron unha exposición na alameda con gran éxito de visitas.

Tirar tabiques para meter as pezas

A pesar de verse tan limitados polo espazo, os membros do museo de Marín teñen nas súas instalacións a tamaño natural a dorna Manuela, o primeiro batel de madeira que se fixo en 1916 no Grove, “foi unha odisea metela nun espazo tan reducido” comenta Vilaboa “tivemos que tirar unha parede para poder métela no local, pero non renunciamos e ela e aí está para disfrute da veciñanza ”.

A dorna Manuela, coas velas plegadas, está nun lateral da entrada do Museo do Mar. É de color negro e no lateral aparece o seu nome en letras maiúsculas.

A dorna Manuela, coas velas plegadas, nun recuncho do Museo do Mar

En breve botarán unha nova dorna ao mar e andan a reparar tamén un bote salvavidas (Ceferino Nogueira) do Bilbao de 1941.

No museo ademais podemos ver unha gran variedade de obxectos, como aparellos antigos de pesca e mesmo de animais en formol ou restos de crustáceos, bivalvos, etc incluida unha das pezas estrelas do museo, a talla en madeira de Manuel Rosales, que gardan con agarimo na pequena sala de cine coa que contan e na que en breve se estarán proxectando todas as imaxes antigas que gardan no seu arquivo.

Talla en madeira de Manuel Rosales/Colección de bivalvos/Primeiro tipo de nasa, feita de barro.

As próximas actividades

O cine é unha das novas apostas destes últimos anos, de feito en breve arrancara o II Festival Cine do Mar, onde ademais de proxeccións de documentais se levará a cabo a primeira concentración de embarcacións tradicionais organizada na vila mariñeira e para a que contará coa axuda do Grupo Cultural Ronsel, de Seixo.

Sala de proxeccións do museo, aparece na imaxe unha habitación grande con catro rengleiras de butacas azuis no centro. As paredes son azuis cunha banda branca no medio. Nas paredes colgan mapas e fotos antigas de barcos. No fondo a talla de madeira descrita na primeira foto da serie. Nun lateral e estantes de cristal maquetas de barcos. Hai unha pantalla plana na parede frontal e nun lateral un catalexo moderno.

Sala de proxeccións no Museo do Mar

Os membros da asociación afirman que a sociedade marinense coñece moi ben o mar, por iso ha de estar orgullosa do que sempre teñen sido -unha gran potencia portuaria-, do que son, e de poder ensinalo ao resto da sociedade, e non se nos ocorre mellor lugar para facelo que visitar o Museo do Mar de Marín.

Cristina Corral

Cristina Corral

📚 Directora Adjunta y Cultura de Diario Marín
🎓Periodista (UCJC)
🎓Licenciada en Hispánicas (USC)
👩‍🏫Graduada en Educación Primaria (UCJC)
🇬🇧 Cursó estudios de Filología Inglesa (UDC)

📰 Trabajó como periodista en: El Progreso (Lugo) y Europa Press (Madrid).
🎬Fue guionista en Netex Learning

👩‍💼Subdirigió la Revista Foeminas de la Casa de la Mujer (Concello de Lugo)
🎨Fue coeditora del magazine cultural A Revolta .
👩‍🏫 Ejerce como profesora de secundaria de Lengua y Literatura Española

📝Colabora con diversas revistas como Xistral o Trasluz 📖 y escribe cuentos infantiles 🧒y poesía para adultos📜
🗞️ Se pueden leer sus artículos periodísticos en medios como Galicia Digital, Sermos Galicia, Plaza Pública o Galicia Confidencial.

📻 Desde 2017 codirige el proyecto ESPORA (Escolas pola Radio) 🎙️ y en la actualidad es la Directora Adjunta de Diario Marín (Pontevedra) 🏙️.

📚 Bibliografía: https://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/cristina-corral-soilan/obra

4 Comments Deja una respuesta

Deja un comentario

Don't Miss