O pavillón dá Cañota volve a asolagarse

Durante esta fin de semana, as instalacións do Pavillón da Cañota viuse afectado por filtracións de auga a pesar das recentes obras de conservación e mantemento.
21 de octubre de 2025
2 minutos de lectura
Entrada de agua desde el techo en vestuarios.
Entrada de agua desde el techo en vestuarios.

O portavoz socialista, Manuel Pazos, xa advertiu que as instalacións sufriron problemas de pingueiras e entrada de auga tras as choivas o día da celebración de San Migueleiro. Así o manifestou no último pleno ordinario do pasado 9 de outubro.

Agora coa chegada de novas frontes atmosféricas repítese con maior intensidade. En concreto, víronse afectadas zonas de vestiarios e nunha salga almacén de equipos de ximnasia.

Reforma de 660.000 euros

Tanto o pavillón da Cañota como o de Sequelo foron obxecto dunha reforma cofinanciada coa Deputación de Pontevedra cun proxecto que se aprobou en 2023 e debía concluír antes de abril de 2025. A realidade é que as obras se prolongaron durante oito meses para a sua finalización.

A este tema o grupo socialista no Concello de Marín xa manifestou a súa preocupación nos prazos de finalización e no propio desenvolvemento das obras de reforma.

Agora,ou propio Pazos fixo públicas unhas imaxes onde se pode ver a situación actual das instalacións tras as fortes choivas desta fin de semana.

Pleno Extraordinario del 22 de Mayo en el Concello de Marín
O PSdeG de Marín leva manifestando a sua preocupación destas obras desde xaneiro.

Hai que lembrar que o PSdeG de Marín xa fixo pública en xaneiro a súa preocupación polos atrasos na recepción das obras que supuxo un problema para o inicio das competicións.

En palabras de seu portavoz xa sinalaba que » non hai obra que execute por parte deste goberno local que non leve retrasos insorportables e defectos de execución».

Material da instalación totalmente empapado de auga.
Material da instalación totalmente empapado de auga.

Resposta do Concello

Desde fontes do concello explican que nas últimas semanas, pero sobre todo neste domingo no que a chuvia volveu con forza, detectáronse filtracións de auga no vestiario de arbitraxe do pavillón da Cañota.

O problema, que xa se está tratando de resolver, deriva do atasco que se produciu nunha dos canlóns.
Imaxe do atasco nunha dos canlóns da instalación deportiva.

O problema, que xa se está tratando de resolver, deriva do atasco que se produciu nunha dos canlóns. Desta forma, acumuláronse laranxas e follas secas da árbore dunha finca aledaña, que se estende sobre a cuberta do pavillón.

As mesmas fontes municipales recoñecen as molestias xurdidas durante os eventos deportivos da fin de semana. Por iso, piden desculpan engadindo que xa se está solucionando a situación para que non volva ocorrer.

Fondos europeos

A Deputación financiou o 70% do custo destas obras, uns 450.000 euros, no marco do programa provincial de infraestruturas para a execución da Axenda 2030 (PON2030). Pola súa banda o Concello achegou o 30% restante, algo máis de 200.000 euros.

Hai que lembrar que este Programa PON2030 está deseñado para avanzar na consecución dos obxectivos 2030 e nas liñas mestras definidas para os fondos Next Generation. En definitiva, un proxecto para dar pasos na loita contra o reto demográfico e equilibrar así as dotacións e os servizos entre o ámbito rural e o urbano.

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Don't Miss