Persoal civil de Defensa reclama melloras salariais con protestas na Escola Naval de Marín

Persoal civil do Ministerio de Defensa desenvolveu onte novas mobilizacións diante da Escola Naval de Marín para reclamar melloras salariais, despois de que os acordos asinados nos últimos sete anos polos sindicatos CCOO, UGT e CSIF supuxesen unha perda de poder adquisitivo de máis do 20%.
19 de junio de 2025
1 minuto lectura
Protesta de personal de Defensa diante da Escola Naval de Marín.
Protesta de personal de Defensa diante da Escola Naval de Marín.

Segundo denuncian dende a CIG-Administración, “o Acordo Marco para unha Administración do Século XXI non só afondou nesta perda, senón que tamén fracasou na súa implantación ao non derrogar a lexislación que impuxo recortes, como os Reais Decretos-Lei 8/2010, 20/2011 e 20/2012”. Aseguran ademais que “tampouco se avanzou en melloras en dereitos laborais, revelando a ineficacia dos sindicatos estatais, que se amosan sometidos aos intereses dos gobernos, e o resultado final do acordo, vendido como un éxito, aumenta o empobrecemento do persoal público”.

Neste senso, sinalan que a suba do SMI déixase notar incluso nos salarios do persoal das Administracións -en moitos casos dos Corpos e Escalas básicas-, que ve como as súas retribucións aumentan co incremento do SMI. Mentras que os salarios do persoal que cobre as retribucións mínimas non, o que evidencia según eles, “o nivel de empobrecemento alcanzado”.

Perda continua de poder adquisitivo fronte a outros corpos

Neste contexto de perda continuada de poder adquisitivo do persoal público, o persoal civil de Defensa entende que esta situación non pode variar mediante acordos sobre complementos salariais, como si acontece noutros Ministerios, “colocándonos na posición do persoal da Administración Xeral do Estado peor remunerado” afirma o sindicato “coa total indiferencia do Ministerio ao longo destes anos”. Coa publicación do RD 248/2025, de 25 de marzo, que contempla un aumento salarial lineal duns 200 euros mensuais de media para o persoal militar, o persoal civil según advirte a CIGA “séntese profundamente discriminado” antes a inacción da súa situación.

Ao mesmo tempo, consideran un agravio “sen precedentes” que ante unha partida económica “inmensa” destinada a incrementar o salario do persoal do Ministerio, “só sexa unha parte a beneficiada, deixando ao persoal civil nunha situación inxusta e a todas luces discriminatoria e clasista”. E lembran que «con menos do 10% dos 400 millóns asignados á suba do persoal militar, as 7500 persoas empregadas como persoal laboral, as 3600 do persoal funcionario e as 2500 do persoal estatutario que integran actualmente o cadro de persoal civil de Defensa tamén verían incrementado o seu salario de maneira lineal en 200 euros ao mes de media”.

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja un comentario

Don't Miss