Centos de veciños protestan en Marín polas listas de agarda e a situación da sanidade pública

A plataforma afirma que os datos da Xunta sobre listas de agarda non reflicten a realidade, pois só publican as listas estruturais. As non estruturais, que acumulan casos de persoas que rexeitan a privada ou por razóns clínicas, supoñen arredor dun 30% máis.
13 de junio de 2025
2 minutos de lectura
Manifestantes lanzan un SOS pola sanidade pública. Reportaje Fotográ
Manifestantes lanzan un SOS pola sanidade pública. Reportaje Fotográfico: JLG Portela.

Centos de veciños de Marín e das parroquias do concello concentráronse este xoves fronte ao Centro de Saúde da vila en protesta polas longas listas de agarda e a situación crítica da sanidade pública galega.

A convocatoria, promovida pola Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo e Marín, enmarcouse nunha mobilización autonómica impulsada por SOS Sanidade Pública, que se estendeu a outras localidades como Santiago, Vigo, A Coruña, Ferrol, Ourense, Cangas, Moaña, Vilagarcía, Burela ou o Val Miñor.

Listas de espera

Segundo Iria Aboi, voceira do colectivo marinense: «Nas súas declaracións o Conselleiro Caamaño dixo que «as listas de espera eran boas en comparación con outras comunidades autónomas», pero non falou da ocultación de datos que fan, da penalización no caso de que te negues a operar na privada ou das citas solicitadas que non aparecen en buzón e non computan.  Ademais das existentes nos Centros de Saúde, hai listas de agarda para primeiras consultas e revisións con especialistas, hainas para probas diagnósticas e tamén para intervencións ».

Dende a plataforma afirman que os datos da Xunta sobre listas de agarda non reflicten a realidade, pois só publican as listas estruturais. As non estruturais, que acumulan casos de persoas que rexeitan a privada ou por razóns clínicas, supoñen arredor dun 30% máis, pero mantéñenas ocultas, xa que a Xunta interpreta que eses pacientes esperan por decisión propia.

Na plataforma recolleron varios casos onde se penalizan con máis tempo de agarda aos pacientes que non queren ser operados nos centros privados concertados. Do mesmo xeito, denuncian varias situacións coma a dun usuario que ten que agardar 10 meses para unha ecografía, dous anos para Uroloxía, 14 meses para Neuroloxía, un ano para dixestivo, otorrino, etc

Profesionais

Denuncian dende a plataforma, que xa levamos varios anos de crise na Atención Primaria, con menos profesionais dos necesarios, nos que non se cubren as baixas e xubilacións, con demoras e masificación. Con recortes nos orzamentos, que se traducen en menos persoal. En Seixo xa hai un cupo cunha demora dunha semana, e preocupa a inminente xubilación do facultativo do outro cupo.

Concluen que é unha política da Xunta que favorece un desmantelamento progresivo que favorece ás empresas privadas, onde non poderán ser acollidos os pacientes con menos recursos.  

A plataforma reclama un incremento do orzamento para o SERGAS, con reforzo urxente da Atención Primaria, cobertura inmediata das prazas vacantes no centro de saúde de Marín e a substitución do médico de Seixo que está a piques de xubilarse.

Saúde mental

Tamén demandan a incorporación de especialistas en saúde mental, a dedicación exclusiva do persoal sanitario público, o mantemento das camas hospitalarias durante o verán e unha xestión transparente das listas de espera.

Por último, esixen ao goberno municipal de Marín que se posicione claramente a favor dos veciños e apoie as súas reivindicacións.

Na protesta berraronse consignas como “O público é servizo, o privado beneficio”, Máis persoal, máis persoal. Nos centros de saúde, máis persoal”, “Pública somos, pública seremos. Pola privada nunca pasaremos”, “Metede a Rueda nas listas de espera” ou “Coa nosa saúde non se xoga!”, que puxeron voz ao malestar crecente da cidadanía coa política sanitaria da Xunta de Galicia.

José Luis García Portela

José Luis García Portela

📸 Reportero gráfico independiente
🎬 Director de Fotografía en DM
✍️Director de la Sección Marín y Parroquias en Diario Marín
💻📊 T.E. en Informática de Gestión

Deja un comentario

Don't Miss