O Concello de Marín ten aberta xa a licitación para explotar a Cantina do Porto situada no inicio do Paseo Alcalde Blanco. Será en réxime de alugueiro, mediante procedemento aberto, para un local de 184 metros cadrados de superficie, que debe utilizarse como cafetería-restaurante.
O canon mínimo polo que sae a explotación do local é de 2.516,04 euros ao ano, é dicir, 209,67 euros ao mes, e o contrato sae por dous anos, cunha posible prórroga doutros dous anos.




Canón 209 euros ao mes
As persoas interesadas en concorrer á licitación deben puxar por ese canon ou máis, segundo consideren, presentando a súa proposta a través da Plataforma de Contratación do Sector Publico, onde se recollen os pregos técnicos e administrativos.
O prazo para presentar ofertas remata o luns 14 de xullo. Será por conta da persoa arrendataria a adaptación interior que, no seu caso, deba
realizarse para a súa explotación, así como os gastos de mantemento que se
xeren.
Ademias, estará obrigada a conservalo en perfecto estado, debendo
entregalo en perfectas condicións e nun correcto estado de limpeza.
Obras de reforma
Tamén será por conta da persoa que vaia explotar o local a realización de todas as obras de reforma, reparación, conservación e mantemento que deban facerse no local, sempre contando coa autorización previa do Concello.
O persoal empregado e os gastos que se xeren en canto a auga, limpeza ou
outros propios da actividade a desenvolver, tamén correrán a cargo da persoa encargada da súa xestión. O local poderá permanecer pechado por vacacións durante un mes ao ano, excluíndo o período estival, entendendo que este vai de maio a setembro.