Seixo celebra o Entroido Vascalleiro cun desfile cheo de tradición

O vindeiro sábado 21 de febreiro, ás 17:00 horas, as rúas de Seixo converteranse no escenario dunha das súas celebracións máis tradicionais: o Entroido Vascalleiro.
20 de febrero de 2026
1 minuto lectura
Entroido Seixo.
Entroido Seixo. Foto: José Luis García Portela.

O desfile partirá dende San Blas ata a Alameda de Seixo, nun percorrido no que veciñanza e visitantes acompañarán á singular chirica, “santo animal salvador de lombos e espinhaços”. Un símbolo propio desta festa cunha profunda e única identidade.

Charanga Noroeste

A música correrá a cargo da Charanga Noroeste, que marcará o ritmo dun desfile pensado para encher as rúas de cor, disfraces e bo ambiente e que logo animará a festa na Alameda.

Durante a celebración tamén se servirán filloas elaboradas por Confitería Capricho, achegando o sabor máis tradicional do Entroido galego a unha tarde solleira. As previsións meteorolóxicas apuntan a bo tempo, o que permitirá desfrutar da xornada ao aire libre.

A organización anima aos veciños a participar activamente, acudindo disfrazados de vascalleiro ao xeito máis tradicional, compartindo o espírito irreverente e festivo que define o Entroido.

O evento está organizado polo Grupo Cultural “Ronsel”, entidade comprometida coa conservación e promoción das tradicións locais, e conta coa colaboración do Concello de Marín. Seixo prepárase, unha vez máis, para vivir o Entroido mais auténtico, participativo e respetuoso coas súas raíces.

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja un comentario

Don't Miss