Cancélase Stock Marín para a próxima fin de semana

O xerente de Estrela de Marín e a concelleira de Turismo coinciden en que, de seguir esta tempada de borrascas para a próxima fin de semana, non é seguro nin rentable celebrar o evento tal cal e buscarase unha campaña alternativa.
3 de febrero de 2026
1 minuto lectura
stock marín maría ramallo Comerio Estrella Marín

A cadea de borrascas que está afectando á nosa comunidade parece que non nos abandonará de cara á próxima fin de semana, data inicialmente prevista para a celebración do Stock Marín, a feira de saldos do comercio local que permite dar saída ao stock existente, cancélase.

Dada a situación climatolóxica, pode ser un risco instalar unha carpa na Alameda, ademais da pouca mobilización de clientela que se pode conseguir, tanto de Marín como de arredores, cun tempo tan malo.

Campaña de dinamización alternativa

Así o analizaron a concelleira de Comercio, Cristina Acuña, e o xerente de Estrela de Marín, Yonathan Carreira. Nese caso, plantexarase unha campaña de dinamización comercial alternativa, en forma de bonos para os consumidores no comercio local, sendo conscientes da necesidade actual que ten o sector de incentivar as ventas, nun mes que xa de por sí é difícil e que se ve tamén afectado polo mal tempo.

«O obxectivo será sacar adiante outra campaña de dinamización comercial proximamente e poder focalizar esforzos tamén na campaña de sorteo de tarxetas que se realizará polo Día da Nai», explican desde O Concello.

Lola Fernández

Lola Fernández

📰 Directora de Diario Marín
👩‍🎓 Licenciada en Ciencias de la Información (Periodismo) – UCM
💰 Máster en Información Económica – UCM
📚 Grado en Estudios Ingleses – UNED – Titulada en Literatura Victoriana, especialista de Las Hermanas Brönte, por la Universidad de Oxford (UK).
🌍 Inglés | Italiano | Ruso | LSE Lengua Signos Española – Titulada en Literatura Rusa Siglo XIX por la Universidad Lamanasov (Mosú-Rusia).
✍️ Autora de El Pazo de Lourizán y El secreto de La Perfección de la Editorial Harper Collins Ibérica
🗞️ Medios Cinco Días, El País Negocios, Intereconomía, La Gaceta de los Negocios, El Economista, Mi Cartera de Inversión, entre otros
💼 Experta en Comunicación Corporativa
📢 Dircom en la CMT (actual CNMC)
🏢 Directora de Comunicación para multinacionales:
Solarcentury | Vesuvius | MOA-BPI | Banco Madrid | Banco Popular | Ahorro Corporación Financiera | Trea Capital | Parques Reunidos | CEPSA | BNP Paribas Real Estate
#️⃣ Comunicación y Contenido | 📣 Dircom | 🗞️ Medios | 🌐 Multinacionales | ✍️ Escritora

Deja un comentario

Don't Miss