Situado na rúa Enrique Turrall, a pouca distancia do centro urbano, este colexio público ofrece educación infantil e primaria nun entorno pensado para aprender, experimentar e medrar con ilusión. Con espazos especializados, proxectos educativos activos e un trato moi próximo entre profesorado e alumnado, o centro aposta por que cada nena e cada neno sintan a escola como a súa segunda casa.



O CEIP Sequelo-Marín é un dos colexios públicos con que conta a vila de Marín. Dependente da Xunta de Galicia está situado nunha zona moi céntrica e nel impártese Educación Infantil e Educación Primaria, dispoñendo cun total de tres unidades de infantil e seis de primaria.


Todo isto resulta enormemente atractivo para as familias e educadores/as, pois isto permite algo que noutros centros educativos non é posible: manter grupos de tamaño moderado cunha atención máis personalizada.




O centro conta con arredor de 135 alumnos e unhas quince persoas no equipo docente, o que favorece un ambiente próximo e familiar no día a día, algo ideal para as ensinanzas.



Ademais, o horario escolar desenvólvese en xornada continua de 9.00 a 14.00 horas, o que facilita algo tan anhelado nestes días:a conciliación familiar. Isto tamén permite complementar o día con «actividades e servizos como madruga, comedor ou actividades extraescolares organizadas coa colaboración da comunidade educativa», como comentan os membros da ANPA.


Espazos para aprender experimentando
Un dos aspectos que máis valoran as familias neste centro, según nos din,son as instalacións especializadas do centro, pensadas para fomentar a aprendizaxe activa.





Entre elas destacan a aulas de música, inglés, plástica ou laboratorio, ademais de espazos innovadores como os polos creativos con robótica e impresión 3D.

Especialmente importante é a aposta polos espazos para as crianzas máis pequenas: aulas sensoriais, unha ludoteca e a coñecida “aula dos espellos”, deseñadas para estimular o xogo, a curiosidade e o desenvolvemento emocional. Tamén dispoñen de patio cuberto, pavillón deportivo, horta escolar e radio escolar con estudo de gravación de vídeo e audio.





Este tipo de instalacións permiten que o alumnado aprenda a través da experimentación, a creatividade e o traballo manipulativo, claves no desenvolvemento educativo nas primeiras etapas.
Unha escola viva: proxectos que implican a todo o alumnado
Cada curso o centro impulsa iniciativas que conectan diferentes materias e fomentan a participación. Este ano, por exemplo, o proxecto común leva por título “Cóntame un conto”, con este proxecto, cada aula traballa arredor dun contro diferente a través da lectura, a creación artística ou actividades interdisciplinares.


A vida escolar tamén se reforza con programas como a radio escolar do centro, Radio Tuxiña ou a zona de grabación audiovisual.


Ou os proxectos da súa biblioteca que leva o nome de Luis Davila e que conta cun espazo cheo de luz natural e un amplo catálogo para todos os niveis educativos do centro.






O Sequelo participa ademais en todo tipo de iniciativas educativas impulsadas por diversos organismos educativos (oratoria, concursos, maios) dos que xa sairon gañadores en múltiples ocasións.






Outro exemplo é o consello de alumn@s, onde se aprende a importancia de vivir en comunidade e tomar decisións. Nel representantes das aulas reúnense na sala do claustro de profesorado para falar das normas do centro, propoñer ideas e aprender a participar de forma responsable na vida da escola, algo que @s prepara para a vida en comunidade.

Educación en valores e convivencia
Pero máis aló das materias, o CEIP Sequelo-Marín aposta tamén por unha educación baseada no respecto, a convivencia e o benestar emocional. O centro desenvolve un proxecto de convivencia positiva e participa en iniciativas como foi o programa “Colexio do Benquerer”, centrado no clima escolar e nas relacións entre o alumnado. Exemplos diso son a creación da praza da amizade, que está en construcción ou «A banda do patio», un proxecto no que grupo de alumnado durante o recreo está pendente de que ninguén esté so, e achéganse a todo o mundo para ter con quen xogar.


A inclusión e algo tamén moi importante para o proxecto deste centro onde o alumnado pode atopar pictogramas en todas as zonas do colexio.


Ademais, o contacto coas linguas galega e inglesa refórzase cada día, no caso do inglés, con profesorado especializado e coa presenza de auxiliares de conversación nativos, como Philip o lector que chegou este ano desde Londres para apoiar as clases.
Un colexio aberto ás familias
Outro dos sinais de identidade do Sequelo é a súa porta sempre aberta ás familias. O centro organiza xornadas de portas abertas e facilita visitas para que pais e nais coñezan as instalacións e o proxecto educativo. Puidendo ser visitado en calquer momento, previa solicitude.


Este centro, está situado ademais nun entorno privilexiado, o suficientemente alonxado do bullicio habitual da cidade, pero o suficientemente preto para estar na vila. Con patio interior, para os días de choiva e exterior, rodeado por un regato e preto a un muiño en activo onde se están a empezar a organizar actividades para o alumnado.





E para moitas familias de Marín, a clave está precisamente aí: un colexio público, moderno e ben equipado, situado preto da casa e no que as crianzas non só aprenden, senón que medran nun ambiente seguro, creativo e acolledor. Un lugar onde ir á escola tamén significa sentirse como na casa.