Video tutoriais dos principais trámites na sede electrónica

9 de enero de 2024
1 minuto lectura
marín dixital

A primeira entrega destes vídeos ensina á cidadanía como sacar un volante de empadroamento con apenas un par de clicks. Durante os próximos días, iranse publicando outras pezas informativas deste estilo explicando os principais trámites que poden ser útiles para a veciñanza.

Romper coa fenda dixital e achegar a toda a cidadanía, indepentemente da súa idade ou manexo tecnolóxico, as bondades da sede electrónica do Concello é un dos obxectivos que ten o Goberno local, despois de renovar este portal a través da cofinanciación dos fondos europeos.

Para iso, a través da canle de Youtube municipal, subiranse varias pezas a modo de videotitoriais nos que se explique, paso a paso e con pantallazos do propio procedemento da sede, como se levan adiante trámites esenciais para a veciñanza.

Empadroamento

Un deles, que é o que estrea esta nova sección de fomento da dixitalización, é sacar un volante de empadroamento, un trámite moi demandado para procesos de toda índole que antes só se podía facer en persoa.

Agora, é posible facelo con apenas varios clicks e poder contar coa documentación en calquera momento. Con respecto ao padrón municipal, estase traballando para que incluso sexa posible darse de alta como empadroado/a en Marín a través da sede electrónica. “É un trámite que temos previsto pero que aínda estamos desenvolvendo a nivel técnico para poder poñelo a disposición da cidadanía”, explican fontes municipais.

O obxectivo é poder axilizar a burocracia, axudar á veciñanza na súa relación co municipio e poder mellorar os ratios de resposta e resolución de necesidades. Así, outros dous trámites dos que se sacará titorial son a autorización para a ocupación de vía pública ou a solicitude de local municipal.

Lola Fernández

Lola Fernández

📰 Directora de Diario Marín
👩‍🎓 Licenciada en Ciencias de la Información (Periodismo) – UCM
💰 Máster en Información Económica – UCM
📚 Grado en Estudios Ingleses – UNED – Titulada en Literatura Victoriana, especialista de Las Hermanas Brönte, por la Universidad de Oxford (UK).
🌍 Inglés | Italiano | Ruso | LSE Lengua Signos Española – Titulada en Literatura Rusa Siglo XIX por la Universidad Lamanasov (Mosú-Rusia).
✍️ Autora de El Pazo de Lourizán y El secreto de La Perfección de la Editorial Harper Collins Ibérica
🗞️ Medios Cinco Días, El País Negocios, Intereconomía, La Gaceta de los Negocios, El Economista, Mi Cartera de Inversión, entre otros
💼 Experta en Comunicación Corporativa
📢 Dircom en la CMT (actual CNMC)
🏢 Directora de Comunicación para multinacionales:
Solarcentury | Vesuvius | MOA-BPI | Banco Madrid | Banco Popular | Ahorro Corporación Financiera | Trea Capital | Parques Reunidos | CEPSA | BNP Paribas Real Estate
#️⃣ Comunicación y Contenido | 📣 Dircom | 🗞️ Medios | 🌐 Multinacionales | ✍️ Escritora

Deja un comentario

Don't Miss