A ANPA O Toural chama a manifestarse contra os recortes en educación

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos O Toural convoca unha manifestación para o xoves 30 de outubro, ás 20:00 horas, baixo o lema “Non aos recortes en educación”.
29 de octubre de 2025
1 minuto lectura
CPI O Toural
A ANPA do CPI O Toural protestará polos recortes educativo este xoves

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos/as O Toural convoca unha manifestación para mañá, xoves 30 de outubro, ás 20:00 horas, baixo o lema “Non aos recortes en educación”.

A marcha partirá dende o centro escolar ata o Concello e pretende dar continuidade ás mobilizacións que esta semana están a protagonizar docentes de toda Galicia en defensa dunha educación pública de calidade.

Dous días de folga en Galicia

A convocatoria chega despois da folga do profesorado galego dos días 28 e 29 de outubro, que rexistrou un seguimento importante en numerosos centros educativos.

O principal motivo das protestas é o incremento das ratios nas aulas e a falta de recursos para atender á diversidade do alumnado, unha situación que os sindicatos docentes levan denunciando desde o inicio do curso.

Segundo as organizacións convocantes, o sistema educativo galego sofre unha deterioración progresiva derivada dos recortes orzamentarios e da escaseza de profesorado de apoio e especialistas en atención á diversidade. Aseguran que a Xunta non está a responder ás necesidades reais dos colexios e institutos, o que está a provocar unha sobrecarga de traballo e unha perda de calidade no ensino.

As familias súmanse á protesta

Desde ANPA O Toural sinalan que a súa manifestación pretende visibilizar o malestar das familias ante a falta de medios e o impacto que estas políticas teñen na aprendizaxe e no benestar do alumnado. “Non podemos quedar calados mentres se reducen apoios, se masifican as aulas e se recortan servizos básicos”, indican desde a asociación. A mobilización conta co apoio doutras ANPAS e de parte do profesorado, que anima á comunidade educativa a unirse para defender unha escola pública inclusiva, con máis profesionais e máis recursos.

Cristina Corral

Cristina Corral

📚 Directora Adjunta y Cultura de Diario Marín
🎓Periodista (UCJC)
🎓Licenciada en Hispánicas (USC)
👩‍🏫Graduada en Educación Primaria (UCJC)
🇬🇧 Cursó estudios de Filología Inglesa (UDC)

📰 Trabajó como periodista en: El Progreso (Lugo) y Europa Press (Madrid).
🎬Fue guionista en Netex Learning

👩‍💼Subdirigió la Revista Foeminas de la Casa de la Mujer (Concello de Lugo)
🎨Fue coeditora del magazine cultural A Revolta .
👩‍🏫 Ejerce como profesora de secundaria de Lengua y Literatura Española

📝Colabora con diversas revistas como Xistral o Trasluz 📖 y escribe cuentos infantiles 🧒y poesía para adultos📜
🗞️ Se pueden leer sus artículos periodísticos en medios como Galicia Digital, Sermos Galicia, Plaza Pública o Galicia Confidencial.

📻 Desde 2017 codirige el proyecto ESPORA (Escolas pola Radio) 🎙️ y en la actualidad es la Directora Adjunta de Diario Marín (Pontevedra) 🏙️.

📚 Bibliografía: https://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/cristina-corral-soilan/obra

Deja un comentario

Don't Miss