Sobre o asolagamiento na avenida de Marín

O paso do tren de borrascas deste mes tráenos a necesidade de repensar a nosa contorna e os problemas engadidos ao territorio. Reproducimos unha interesante reflexión da Asociación pola defensa dá Ría respecto a a autovía de Marín que tantos problemas segue xerando.
24 de febrero de 2026
2 minutos de lectura
ence pola defensa da ría
Antón Masa, Presidente de la Asociación Pola Defensa de la Ría

Firma Antón Masa, presidente de APDR (Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra)

Estase a producir nestas datas unha situación de asolagamentos continuados na estrada PO-11 (a chamada autovía a Marín) que, entre outras cousas, provocou a queixa formal do Concello de Pontevedra ao “Ministerio de Transportes y Mobilidad Sostenible”. Non se trata dun fenómeno novo, por máis que nesta ocasión -e como consecuencia de situacións atmosféricas adversas- a súa maior duración provocou maiores problemas no tráfico viario.

Así os asolagamentos na autovía véñense dando de forma recorrente ano tras ano e desde hai moitos anos, e todo indica que se van repetir con maior frecuencia a medida que avance o imparábel cambio climático pois, disto vai a situación que nos ocupa.

Zonas inundábeis

Non poñemos en dúbida os razoamentos expresados polo especialista de MeteoGalicia, Joel Cid, que fala da saturación do solo como un dos factores que provocan o asolagamento da estrada. Máis esa saturación e as súas consecuencias, prodúcense por causas que, ao noso entender e salvando as necesarias distancias, non son significativamente diferentes daquelas que provocan outras situacións de asolagamento en localidades onde se ten construído en zonas inundábeis.

A zona que hoxe ocupa a autovía, e a Celulosa, é unha zona inundábel por ter sido roubada á Ría mediante recheos.

Debaixo da autovía e a fábrica de ENCE atópanse as praias urbanas de Pontevedra e boa parte do mellor dos bancos marisqueiros da Ría, e só acometendo con decisión e valentía o verdadeiro problema, poderemos acadar a verdadeira solución. Polo tanto, non se trata de protexer ou poñer a salvo a autovía fronte aos fenómenos naturais, trátase de recuperar e naturalizar a zona.

Calquera medida que dirixa os esforzos á protección da autovía fronte á
chegada do mar, está abocada ao fracaso e servirá só para consolidar a fábrica de ENCE nun emprazamento que nunca debeu ocupar. Só quen negan a existencia do cambio global ou defenden por riba de calquera dereito cidadán a permanencia da fábrica de Celulosa, poden optar pola protección da autovía coma solución!.

Ence
APDR denuncia que a fábrica de ENCE está nun emprazamento que nunca debeu ocupar.

Renaturalizar a ocupación

Para a “Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra”, a solución definitiva ao problema pasa pola recuperación do litoral, unha recuperación para a que temos un proxecto elaborado xunto coa
“Escola Técnica Superior de Arquitectura” de A Coruña (e que contou coa colaboración do Concello de Pontevedra).

Marcha Fora Xa

Neste proxecto de “re-naturalización dos terreos ocupados por ENCE na
Ría de Pontevedra
”, no que fai ao tratamento dos sistemas viarios e ao mantemento da necesaria conectividade entre os núcleos de poboación e á destes núcleos co Porto de Marín, a nosa proposta é moi clara:

1º.- A eliminación do actual trazado da estrada PO-11.
2º.- O seu traslado cara ao interior, primando a rexeneración dos núcleos de poboación do ámbito.

Desta maneira, este proxecto suporía tamén a recuperación dos trazados naturais dos distintos cursos fluviais existentes na parroquia de Lourizá. Hoxe seguen desviados e é causa principal -xunto co deficiente deseño da rede de saneamento- dos anegamentos permanentes na zona con augas de orixe pluvial e de vertidos fecais.

Na APDR, somos conscientes de que a nosa proposta non permite “saír do paso” en cuestión de días ou meses; require tempo e valentía para acometela, máis insistimos, calquera outra medida será PAN PARA HOXE, E FAME PARA MAÑÁ!

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja un comentario

Don't Miss