Unha crónica revelada para o 8M, Día Internacional da Muller Traballadora

publicación combina unha introdución que percorre a presenza das mulleres desde os inicios do xornalismo en Galicia con unha serie de entrevistas a informadoras da historia máis recente.
6 de marzo de 2026
2 minutos de lectura
O CPXG completa o proxecto das voces silenciadas das mulleres xornalistas.

Na semana do 8M, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia reivindica a memoria e o legado das mulleres que abriron camiño nas redaccións. O proxecto “As mulleres no xornalismo galego: A crónica revelada”, coordinado por Eliana Martíns e acompañado polas fotografías de Lucía Junquera, reúne trece conversas con referentes do xornalismo galego e rescata o papel das pioneiras da profesión.

A publicación, recoñecida cun dos Premios Luísa Villalta da Deputación da Coruña, constrúe un diálogo entre xeracións. A mellor forma para visibilizar a contribución das xornalistas e reflexionar sobre os retos da profesión. Desde as súas testemuñas, o libro percorre case un século de historia do xornalismo galego e pon en valor unha traxectoria colectiva que durante moito tempo permaneceu pouco contada.

Nesta semana simbólica para a igualdade, a iniciativa convértese tamén nun exercicio de memoria e recoñecemento. Profesionais que contribuíron a transformar os medios e a abrir novas oportunidades para as xeracións que chegaron despois.

A situación laboral

No informe elaborado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia en 2011 A situación laboral dos e das xornalistas galegos, realízase unha profunda revisión do estado da profesión con mirada de xénero.

Entre os datos relevante, chama a atención que un 76,85% das persoas licenciadas na Facultade de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela (a única con esta titulación en Galicia) entre 2001 e 2010 fosen mulleres. Ademais, exercían a profesión un 58,82% de mulleres fronte a un 41,18% de homes.

Se observamos a colexiación, naquela altura superaban a representación masculina (un 57,8%) fronte á feminina (42,2%). En marzo de 2025, no total de persoas colexiadas no CPXG, o 53,4% son homes, e a única demarcación na que esta proporción se inverte é Santiago de Compostela (49,6% de homes fronte ao 50,4% de mulleres).

Na semana do #8M celebramos as xornalistas galegas que abriron paso nas redaccións.

Visibilizar e recuperar

As mulleres no xornalismo galego: a crónica revelada é un volume de 230 páxinas. Foi editado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e se complementa cun espazo web con materiais adicionais.

Este proxecto busca visibilizar e recuperar o papel das mulleres na historia do xornalismo galego. E tamén pretende ofrecer referentes capaces de inspirar ás novas xeracións de profesionais.

A publicación combina unha introdución que percorre a presenza das mulleres desde os inicios do xornalismo en Galicia. O formato é unha serie de entrevistas a informadoras da historia máis recente.

Alí podemos atopar entre as protagonistas, a Rita Alonso, Isabel Bravo, Pilar Fariña, Ujué Foces, Cristina Huete, Cristina Lombao, Margarita Ledo, Carmen Merelas, Tareixa Navaza, Concha Pino, María Xosé Porteiro, María Rey e Ana Romaní.

Desta maneira, o desenvolvemento das conversas están asinadas por Noemí Alonso, Ángela Casal, Ana G. Liste, Eliana Martíns, Natalia Puga, Carmen Quintela, Belén Regueira e Sonia Vizoso, mentres que a publicación se completa coas fotografías de Lucía Junquera.

Desta maneira, o resultado é un exercicio de memoria colectiva que recupera voces fundamentais do xornalismo galego. E contribúe a reconstruír unha historia que durante moito tempo quedou incompleta sen a mirada e a experiencia das súas protagonistas.

Sara Martinez

Sara Martinez

✍Directora de Opinión y Política en Diario Marín
🎓 Licenciada en CC de la Información en CEU San Pablo Cardenal Herrera
📰 Periodista en Levante-EMV, 📻 Radio Valencia-SER, 🗞 Agencia EFE
📢 Dircom en el Ayuntamiento de Mislata (📍 Valencia)
👩‍🏫 Profesora de Periodismo en la Escuela Superior de Negocios ESNE Valencia
📱Periodista en el Gabinete de Prensa de la Subdelegación de Gobierno de Pontevedra
Colaboradora de opinión en Galicia 24 horas y Mislata News
💻 Comunicación en redes | 📱 Community Manager
🗣 Educomunicadora en el Colexio de Xornalistas de Galicia
🎙 Podcast Desmontando Bulos en Ocionews Radio
✍ Escritora | Autora de La Rima de tus Huellas 🐾

Deja un comentario

Don't Miss