«Fermentos da Meiga» ofrece en Poio cursos de outono sobre a arte da fermentación

A docente, con ampla experiencia en obradoiros por toda Galiza, propón unha serie de cursos prácticos nos que cada participante elaborará os seus propios produtos e levaraos para a casa, acompañados de degustacións e explicacións sobre os beneficios dos fermentados para a saúde.
24 de septiembre de 2025
1 minuto lectura
Botes de fermentados

As sesións celebraranse en sábado, de 10 a 14 horas, cun prezo de 55 euros por curso e prazas limitadas. Cada obradoiro céntrase nunha temática diferente, combinando tradición e innovación, e buscando sempre fórmulas sinxelas e naturais, sen ingredientes artificiais.

O calendario comeza o 27 de setembro co «Botiquín Fermentado» de Soledad Saborido, unha proposta na que se elaborarán vinagres, kvass de remolacha, Fire Cider, fermentos en mel e oximeis. O obxectivo é preparar un auténtico botiquín de outono baseado en remedios naturais de longa tradición popular.

O poder probiótico das verduras fermentadas

Soledad Saburido Álvarez
Soledad, doctorada en Bioloxía Vexetal

En outubro, o día 11 ou o 18, será a quenda dos vexetais fermentados. Os/as participantes mergullaranse no mundo do chucrut, o kimchi e as salmouras, explorando a versatilidade da fermentación láctica de verduras e o seu poder probiótico, que fortalece a microbiota e favorece o benestar dixestivo.

O mes de novembro traerá dúas datas alternativas, o 8 ou o 22, cun curso adicado ás salsas, dips e untables. Nesa ocasión elaboraranse ketchup, mostaza, maionesa, sriracha, humus ou patés de sementes, todos eles en versión fermentada e libre de aditivos industriais. Trátase dunha proposta especialmente atractiva para quen queira enriquecer os seus menús cotiáns con alternativas saudables e cheas de sabor.

Botes de fermentados
Os cursos versarán sobre como cociñar fermentados artesanais

Receitas para compartir no mes de Nadal

Finalmente, o 13 de decembro celebrarase o curso «Fermenta Nadal», un obradoiro pensado para preparar receitas especiais de cara ás festas. Alí poderanse crear fermentados para compartir nas mesas festivas ou mesmo para converter en agasallos únicos e personalizados para amigos e familiares.

Con esta programación, «Fermentos da Meiga» reforza a súa aposta pola divulgación dunha tradición milenaria que hoxe revive con forza como aliada da saúde e da creatividade culinaria. Soledad Saburido busca achegar o coñecemento científico e a práctica cotiá a todo tipo de públicos, demostrando que os fermentados son accesibles, saborosos e beneficiosos.

Cartaz curso fermentados
Cristina Corral

Cristina Corral

📚 Directora Adjunta y Cultura de Diario Marín
🎓Periodista (UCJC)
🎓Licenciada en Hispánicas (USC)
👩‍🏫Graduada en Educación Primaria (UCJC)
🇬🇧 Cursó estudios de Filología Inglesa (UDC)

📰 Trabajó como periodista en: El Progreso (Lugo) y Europa Press (Madrid).
🎬Fue guionista en Netex Learning

👩‍💼Subdirigió la Revista Foeminas de la Casa de la Mujer (Concello de Lugo)
🎨Fue coeditora del magazine cultural A Revolta .
👩‍🏫 Ejerce como profesora de secundaria de Lengua y Literatura Española

📝Colabora con diversas revistas como Xistral o Trasluz 📖 y escribe cuentos infantiles 🧒y poesía para adultos📜
🗞️ Se pueden leer sus artículos periodísticos en medios como Galicia Digital, Sermos Galicia, Plaza Pública o Galicia Confidencial.

📻 Desde 2017 codirige el proyecto ESPORA (Escolas pola Radio) 🎙️ y en la actualidad es la Directora Adjunta de Diario Marín (Pontevedra) 🏙️.

📚 Bibliografía: https://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/cristina-corral-soilan/obra

Deja un comentario

Don't Miss