Alumnos del CEIP do Carballal axudaron a reforestar o Monte Pituco

Arredor de corenta alumnos e alumnas do CEIP Plurilingüe do Carballal participaron nunha xornada de educación ambiental organizada pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Xulián,
19 de marzo de 2026
1 minuto lectura
Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Xulián
Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Xulián.

Arredor de corenta alumnos e alumnas do CEIP Plurilingüe do Carballal participaron nunha xornada de educación ambiental organizada pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Xulián, na que se levou a cabo unha actividade de reforestación no Monte Pornedo (Pituco).

Durante a xornada, os escolares plantaron 80 árbores ( castiñeiros, ameneiros, carballos) nunha zona que fora arrasada polos incendios do pasado verán, contribuíndo así á recuperación dun espazo natural de gran valor para a parroquia.

Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Xulián

Patrimonio natural e histórico

A actividade converteuse tamén nunha oportunidade para que os máis novos coñeceran de primeira man o patrimonio natural e histórico do monte. Os alumnos visitaron os petroglifos existentes na zona e achegáronse ata o miradoiro do Pornedo, desde onde puideron contemplar unha ampla panorámica do concello de Marín e da súa ría, una visión inédita para moitos deles.

Membros da xunta directiva da Comunidade de Montes exerceron de guías e “profesores por un día”, explicando aos rapaces a importancia do coidado do monte, da prevención dos incendios forestais e da conservación do patrimonio natural e cultural.

Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Xulián

Ao remate da actividade, cada alumno recibiu un diploma acreditativo da súa participación na plantación, establecendo ademais un compromiso simbólico moi especial: visitar periodicamente o seu propio arbore, acompañado dos seus pais, coidalo e seguir a súa evolución ao longo do tempo.

Comunidad de Montes de San Xulián

Desde a Comunidade de Montes de San Xulián destacan que este tipo de
iniciativas buscan achegar o monte ás novas xeracións e transmitirlles o valor do medio rural, fomentando o respecto pola natureza e o coñecemento do territorio. A experiencia foi valorada moi positivamente tanto polo alumnado como polo profesorado, que amosaron o seu desexo de repetir este tipo de actividades no futuro.

Desde a Comunidade de Montes de San Xulián sinalan a súa intención de
continuar promovendo xornadas semellantes con outros centros educativos da contorna, convencidos de que a mellor forma de protexer o monte é facelo coñecer e sentir como propio ás novas xeracións. Como lembraron aos rapaces ao finalizar a xornada: “Coidar o monte hoxe é protexer o mañá.”

Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Xulián
Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja un comentario

Don't Miss