APDR presenta o libro Un país de eucaliptos

O xoves 5 de novembro ás 20:00 horas, no Espazo 18 da Facultade de Belas Artes, Primitivo Carbajo , escritor e xornalista iras, presentará o seu último libro Un país de eucaliptos.
2 de noviembre de 2026
1 minuto lectura

Nun acto que estará conducido por Benito Andrade, vicepresidente da “Asociación Pola Defensa da Ría” de Pontevedra (APDR), o vindeiro xoves 5 de novembro ás 20:00 horas, no Espazo 18 da Facultade de Belas Artes, Primitivo Carbajo , escritor e xornalista cunha longa traxectoria profesional tanto na Galiza coma fóra das nosas fronteiras, presentará o seu último libro Un país de eucaliptos.

Trátase dun documentado ensaio narrativo no que o autor percorre montes e arquivos recollendo datos estatísticos mais tamén anécdotas e experiencias derivadas das conversas de campo, para desmontar mitos e dar a coñecer as estruturas de poder que sosteñen o monocultivo desta especie nos montes galegos.

Análise económica, crítica política, memoria cultural e crónicas persoais, mestúranse de forma natural ao longo dos capítulos do libro, pois, como sostén o autor, “o sucalipto é moito máis ca unha árbore. É industria, é mercado global, é propaganda, é conflito político e social. É promesa de rendibilidade e tamén síntoma dun modelo forestal que marcou profundamente o territorio galego nas últimas décadas”.

Para a APDR é unha auténtica satisfacción que a primeira presentación do libro na Galiza sexa en Pontevedra, porque a presenza de ENCE en Lourizán (sen dúbida unha das razóns da creación da nosa Asociación) xogou un papel fundamental no proceso de eucaliptización do noso país, con todo o que iso supuxo.

E dase neste momento unha circunstancia que entendemos aporta unha razón máis para achegarse o día 5 até Belas Artes: a Xunta de Galicien vén de flexibilizar aínda máis a “moratoria” vixente sobre a plantación de eucaliptos, de tal xeito que -na práctica- pode levar á proliferación incontrolada deste cultivo en detrimento do bosque atlántico.

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Don't Miss