Arranca a limpieza da maleza dos ríos: Lameira, Grela, Laxe e Castiñeiras

O concelleiro de Medio Rural achegouse ata o Lameira, onde se están executando os traballos, que en total supoñen unha inversión de cerca de 14.000 euros.
26 de septiembre de 2025
1 minuto lectura
Río Lameira.
Río Lameira.

Cerca de 14.000 euros supoñerá poñer en marcha un plan integral de limpeza e conservación dos ríos do municipio, co obxectivo de garantir a protección dos ecosistemas fluviais e mellorar o seu estado ambiental, unha iniciativa que xa se leva a cabo desde hai varios anos e que é fundamental para evitar problemas nas crecidas.

Os traballos consisten no triturado da maleza presente nos laterais e fondos dos cauces, así como na retirada e traslado ao vertedoiro dos troncos de gran tamaño que non se poidan triturar, ademais de plásticos e outros obxectos que supoñan un risco para a saúde dos ríos.

Rio.
Rio.

Os ríos

As actuacións desenvolveranse nas seguintes localizacións:
● Río Lameira: dende a ponte Zapal ata a ponte de Coirados, incluído o
regato que pasa por detrás do colexio Sequelo.
● Río da Grela: dende a ponte de Coirados ata o lavadoiro da Presa.
● Río da Laxe: dende a ponte do camiño do Peso ata a parcela situada detrás
do supermercado Mercadona, incluíndo o corte e recollida das canas no
talude do colexio A Laxe.
● Río Lapamán: dende a estrada xeral ata o camiño.
● Río Castiñeiras: dende o lavadoiro de Coirados ata o muíño antigo en A
Roza.

O persoal encargado destas tarefas conta con formación específica en xestión e aproveitamento de espazos fluviais e piscícolas, co fin de asegurar unha intervención respectuosa co medio.

O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, visitou hoxe a zona do Lameira, onde a empresa adxudicataria xa está a acometer os primeiros traballos, destacando a importancia desta actuación “para preservar a saúde dos nosos ríos e evitar posibles riscos ambientais”. A inversión que se está a realizar na execución destes labores é de case 14.000 euros.

Lola Fernández

Lola Fernández

📰 Fundadora de Diario Marín (DM)
👩‍🎓 Licenciada en Ciencias de la Información (Periodismo) – UCM
💰 Máster en Información Económica – UCM
📚 Grado en Estudios Ingleses – UNED – Titulada en Literatura Victoriana, especialista de Las Hermanas Brönte, por la Universidad de Oxford (UK).
🌍 Inglés | Italiano | Ruso | LSE Lengua Signos Española – Titulada en Literatura Rusa Siglo XIX por la Universidad Lamanasov (Mosú-Rusia).
✍️ Autora de El Pazo de Lourizán y El secreto de La Perfección de la Editorial Harper Collins Ibérica
🗞️ Medios Cinco Días, El País Negocios, Intereconomía, La Gaceta de los Negocios, El Economista, Mi Cartera de Inversión, entre otros
💼 Experta en Comunicación Corporativa
📢 Dircom en la CMT (actual CNMC)
🏢 Directora de Comunicación para multinacionales:
Solarcentury | Vesuvius | MOA-BPI | Banco Madrid | Banco Popular | Ahorro Corporación Financiera | Trea Capital | Parques Reunidos | CEPSA | BNP Paribas Real Estate
#️⃣ Comunicación y Contenido | 📣 Dircom | 🗞️ Medios | 🌐 Multinacionales | ✍️ Escritora

Deja un comentario

Don't Miss