Os membros da Asociación de Pesca Deportiva Ría de Marín organizaron unha xornada de educación ambiental cunha parte do alumnado do CEIP da Laxe.
A actividade, na que participaron 24 nenos e nenas e 15 adultos, fíxose co apoio do Plan Social de Ence e desenvolveuse na Praia de Portocelo, onde os pequenos fixeron unha recllida de lixo, a pesar de que neste momento as praias xa se atopan en moi bo estado pola propia limpeza contratada a nivel municipal para esta época do ano.
Ata o areal marinense desprazouse a concelleira de Educación, Marián Sanmartín, que felicitou aos rapaces e rapazas polo seu compromiso co medio ambiente, así como aos membros da asociación organizadora, “cos que sempre se pode contar como uns aliados boísimos para o coidado do noso entorno”.