O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, presidiu unha reunión con asociacións astronómicas, representantes da Xunta, da Deputación de Pontevedra, do sector turístico e responsables da Administración do Estado e das forzas de seguridade para coordinar o operativo ante a eclipse total de sol previsto para o 12 de agosto de 2026.
Durante o encontro lembrouse que este fenómeno será o primeiro do denominado “Trío de Eclipses 2026-2027-2028” que poderán observarse desde España nos próximos anos. Galicia será un dos territorios privilexiados para a súa observación e España será o único país europeo desde o que poderá contemplarse na súa totalidade. A última vez que unha eclipse total foi visible nestas condicións remóntase a 1912.

Magnitude extrema
Galicia ostentará o privilexiado título de quilómetro cero peninsular para a gran eclipse de 2026. Será a primeira terra da España continental en recibir a sombra da Luna, ofrecendo unha experiencia única marcada pola súa fachada atlántica: a oportunidade de ver como a escuridade avanza desde o océano para cubrir a terra.

Na provincia de Pontevedra, a fase total poderá observarse en tres municipios da comarca de Deza —Agolada, Rodeiro e Vila de Cruces—, aínda que no resto do territorio a eclipse será practicamente total, cunha magnitude de 0,99. Os especialistas sinalaron que calquera lugar con boa visibilidade do horizonte oeste será adecuado para observalo, xa que o fenómeno coincidirá co atardecer e o Sol estará baixo.
Impacto turístico
Un dos aspectos destacados foi o impacto turístico previsto. Segundo a Federación Provincial de Turismo e colectivos astronómicos, xa se están activando reservas hostaleiras para esas datas e comezan a aparecer paquetes turísticos específicos vinculados á eclipse.
Algúns deles inclúen voos con chegada e saída desde o aeroporto do Porto, o que anticipa un importante fluxo de visitantes desde o norte de Portugal cara a Galicia para observar o fenómeno.

Movilidade e seguridad
Ante esta previsión de afluencia, a reunión abordou a organización da mobilidade e a seguridade, xa que se espera que a maioría dos desprazamentos realícense por estrada. A Garda Civil poñerá en marcha un dispositivo especial de tráfico e seguridade cidadá para evitar problemas derivados do aumento de vehículos, especialmente autocaravanas.
Tamén se analizou o risco de incendios forestais, ante a posibilidade de acampadas en zonas de monte. Para iso a Subdelegación trasladará información á Brigada de Infantería Lixeira Aerotransportable (BRILAT), que cada verán desenvolve a operación de vixilancia forestal Sentinela.

Coordinación cos concellos
Outra das prioridades será a divulgación de recomendacións para unha observación segura. As asociacións astronómicas insistiron en que a eclipse só debe observarse con lentes homologadas, adquiridas en ópticas, e nunca con radiografías, lentes polarizadas ou filtros improvisados, debido ao risco de lesións oculares graves.
Ademais, a Subdelegación solicitou aos concellos que identifiquen puntos de observación preferentes. É decir, con boa visibilidade e con infraestruturas adecuadas para acoller público, especialmente en materia de accesos, mobilidade e aparcamento.
Segundo o Instituto Xeográfico Nacional, a eclipse comezará ás 19:32 e finalizará ás 21:22, mentres que a fase total nos municipios de Deza producirase entre as 20:28 e as 20:29, cunha duración aproximada dun minuto.
Na xuntanza tomaron parte a directora de Promoción Turística da Xunta, Carmen Pita e a directora de Turismo Rías Baixas (Deputación), Romina Fernández.
Polas asociacións astronómicas estivo o presidente da asociación Sirio; Igor Piñeiro; o responsable da asociación Rías Baixas, Francisco Novoa; Benigno González, de Astrovigo e Ana María Ulla, vicepresidenta da Fundación Ceo. Tamén asistiu a presidenta da Federación Provincial de Turismo (Feprotur), Beatriz Carballido.
As Forzas e Corpos de Seguridade do Estado estiveron representadas polo comandante da Garda Civil Tomás García; o capitán do Subsector de Tráfico, Antonio Piteira, e o comisario-xefe provincial da Policía Nacional, Juan José Díaz.
Por parte da AGE tomaron parte a secretaria xeral da Subdelegación, Mabel Alonso; o director de Seguridade de ADIF, Daniel Riveira, e a xefa da Unidade de Protección Civil, Natalia Caño.
Eclipse do solpor
Este fenómeno astronómico xa ten o seu nome propio como a Eclipse do Solpor. Por iso as institucións xa puxeron en marcha as súas páxinas especiais na internet para contar con toda a información necesaria para este evento.
O goberno central ten en funcionamento a páxina da Comisión Interdepartamental para o Trío de Eclipses, dependente do Ministerio de Educación, Ciencia e Universidades.
Pola súa banda, a Xunta de Galicia ten activa, dentro da páxina de Turismo, toda a información sobre horarios e lugares para esta eclipse.
As asociacións astronómicas locais tamén manteñen as súas canles con toda a información necesaria. É o caso de Astrovigo y Fundación Ceo.