Onte dábanse cita en Pontevedra os miles de galegos e galegas que chegaban de distintas zonas da comunidade (Arzúa, Melide, varias localidades da Arousa e o Val da Ulloa ou Vila de Cruces) para apoiar a loita contra as celulosas existentes en Galiza e as que se queren instalar.
“Nin Ence na ría, nin Altri na Ulloa” foi o lema da manifestación, convocada pola Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) e as plataformas en Defensa da Ría de Arousa e Ulloa Viva.







O arranque da manifestación na Alameda de Pontevedra cheo de mensaxes contra a contaminación das Rías de Galicia
Pancartas e cartaces no percorrido
A manifestación estaba chea de pancartas, cartaces e bandeirolas de outros colectivos que apoian a iniciativa entre os que se encontraban Greenpeace, Adega, a Plataforma contra a Mina de Touro, A Pedreira, Ecoloxistas en Acción, así como sindicatos como a GIG, UXT e tamén a CNT, ademais de colectivos gandeiros, senderistas, pescadores etc.





Na manifestación participaron varios políticos entre os que se atopaban a a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernánez Lores, o ex diputado socialista Guillermo Meijón, a senadora nacionalista Carme da Silva e o portavoz del grupo municipal del PSOEdG en Pontevedra, Iván Puentes.



Ana Pontón, a portavoz nacional do BNG, instaba ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a que “escoite o clamor que hai en Galicia tanto para que Ence salga da ría de Pontevedra como para evitar esa bomba ambiental que queren colocar no corazón do noso país, esa bomba ambiental que é a macrocelulosa de Altri”.



O alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, Pontón aseveró que ante a situación na que se atopan “imos dar a batalla dende o punto de vista político, legal e tamén dende o punto de vista social” para liberar a Galicia de eses proxectos que “hipotecan o noso futuro”.

Lecturas de manifestos diante de ENCE
O percorrido da manifestación que empezou en Marín e en Pontevedra á vez, confluiu na súa chegada á fábrica de ENCE. Diante dela as tres plataformas convocantes leron cadanseu manifestó denunciando a sú presencia na Ría, así como a posible implantación de ALTRI na Ulloa.
