O alumnado de Ardán planta 50 castiñeiros no Monte da Teoira

O alumnado de Ardán planta 50 castiñeiros no Monte da Teoira, unha actividade foi promovida pola Comunidade de Montes de Ardán.
26 de marzo de 2026
1 minuto lectura
O alumnado de Ardán planta 50 castiñeiros no Monte da Teoira.
O alumnado de Ardán.

O Concello de Marín participou esta mañá nunha iniciativa de carácter sostible, educativo e comunitario no monte da Teoira, en Ardán, na que o alumnado do CEIP de Ardán e a reforestación foron as protagonistas.
A actividade foi promovida pola Comunidade de Montes de Ardán, en
colaboración coa Asociación de Veciños Monte Castelo, coa achega de exemplares por parte de Medio Rural da Xunta de Galicia e co apoio do Concello de Marín e de Refrescos do Atlántico.

O alumnado de Ardán planta 50 castiñeiros no Monte da Teoira

En total, plantáronse 50 castiñeiros nunha acción que busca contribuír á
recuperación do ecosistema forestal, fomentar a biodiversidade e concienciar ás novas xeracións sobre a importancia do coidado do medio natural. Esta actuación súmase a outras xa realizadas na zona por parte dos comuneiros, como a plantación de 100 árbores na franxa de acceso a Pastoriza.

A xornada tivo tamén un importante compoñente educativo, coa participación de axentes forestais e dunha brigada de incendios, que desprazaron unha motobomba para ofrecer explicacións prácticas ao alumnado sobre prevención e loita contra os incendios forestais, así como sobre a xestión sostible do monte.

O alumnado de Ardán planta 50 castiñeiros no Monte da Teoira
Lola Fernández

Lola Fernández

📰 Directora de Diario Marín
👩‍🎓 Licenciada en Ciencias de la Información (Periodismo) – UCM
💰 Máster en Información Económica – UCM
📚 Grado en Estudios Ingleses – UNED – Titulada en Literatura Victoriana, especialista de Las Hermanas Brönte, por la Universidad de Oxford (UK).
🌍 Inglés | Italiano | Ruso | LSE Lengua Signos Española – Titulada en Literatura Rusa Siglo XIX por la Universidad Lamanasov (Mosú-Rusia).
✍️ Autora de El Pazo de Lourizán y El secreto de La Perfección de la Editorial Harper Collins Ibérica
🗞️ Medios Cinco Días, El País Negocios, Intereconomía, La Gaceta de los Negocios, El Economista, Mi Cartera de Inversión, entre otros
💼 Experta en Comunicación Corporativa
📢 Dircom en la CMT (actual CNMC)
🏢 Directora de Comunicación para multinacionales:
Solarcentury | Vesuvius | MOA-BPI | Banco Madrid | Banco Popular | Ahorro Corporación Financiera | Trea Capital | Parques Reunidos | CEPSA | BNP Paribas Real Estate
#️⃣ Comunicación y Contenido | 📣 Dircom | 🗞️ Medios | 🌐 Multinacionales | ✍️ Escritora

Deja un comentario

Don't Miss