O BNG reclama a Xunta que lidere un Plan Integral para Castiñeiras

O BNG propón que a Xunta lidere, xunto cos concellos, a Deputación e as comunidades de montes, un plan coordinado para mellorar a súa conservación e poñelo en valor
12 de marzo de 2026
1 minuto lectura

Lucía Santos presentará no próximo pleno municipal, que se celebrará o 12 de marzo, unha moción para solicitar ao goberno local do PP (Partido Popular) que inste á Xunta de Galiza a lierar a posta en marcha dun plan integral de conservación, mantemento e dinamización do Parque da Natureza de Castiñeiras.

lago castiñeirasd barbacoa

O parque de Castiñeiras é un enclave natural de grande valor situado entre Marín e Vilaboa, cunha superficie de arredor de 70 hectáreas e con importantes recursos ambientais, paisaxísticos e culturais. Segundo explica a portavoz municipal do BNG, Lucía Santos Omil, a pesar de contar cun gran potencial, na actualidade, este espazo non conta cun proxecto global de xestión nin cunha figura específica de protección, o que limita as posibilidades de aproveitamento social, educativo e turístico do espazo.

lago castiñeiras

A formación nacionalista sinala que nos últimos anos realizáronse algunhas actuacións puntuais na contorna, impulsadas polas propias comunidades de montes, ás veces en colaboración con outras entidades. Entre estas iniciativas destaca o proxecto Botánico do Lago, liderado pola Fundación Xoán XXIII nos terreos que ocupaba o antigo Centro de Recuperación da Fauna Salvaxe.

Conservación

Santos Omil manifesta que máis alá destas iniciativas segue faltando un proxecto integral de conservación, protección e dinamización deste espazo natural e cultural, polo que defende que a Xunta asuma un papel activo de responsabilidade na elaboración dun plan integral que permita poñer en valor todas as potencialidades que ten este espazo, que podería ser un auténtico motor de desenvolvemento e promoción dunha zona situada estratexicamente entre Pontevedra, O Morrazo e a área de Vigo.

lago castiñeiras casa

En definitiva, os nacionalistas propoñen que a Xunta lidere, en colaboración e coordinación cos actores implicados, como son os concellos, a Deputación e as comunidades de montes, un plan coordinado que permita mellorar a conservación do espazo, impulsar actividades sociais, culturais e ambientais e reforzar o seu potencial como recurso natural e cultural da comarca. Así mesmo, a iniciativa solicita estudar a posibilidade de dotar este ámbito dunha figura de protección adecuada, que contribúa a preservar os seus valores naturais e patrimoniais e a garantir unha xestión sostible no futuro.

Lola Fernández

Lola Fernández

📰 Directora de Diario Marín
👩‍🎓 Licenciada en Ciencias de la Información (Periodismo) – UCM
💰 Máster en Información Económica – UCM
📚 Grado en Estudios Ingleses – UNED – Titulada en Literatura Victoriana, especialista de Las Hermanas Brönte, por la Universidad de Oxford (UK).
🌍 Inglés | Italiano | Ruso | LSE Lengua Signos Española – Titulada en Literatura Rusa Siglo XIX por la Universidad Lamanasov (Mosú-Rusia).
✍️ Autora de El Pazo de Lourizán y El secreto de La Perfección de la Editorial Harper Collins Ibérica
🗞️ Medios Cinco Días, El País Negocios, Intereconomía, La Gaceta de los Negocios, El Economista, Mi Cartera de Inversión, entre otros
💼 Experta en Comunicación Corporativa
📢 Dircom en la CMT (actual CNMC)
🏢 Directora de Comunicación para multinacionales:
Solarcentury | Vesuvius | MOA-BPI | Banco Madrid | Banco Popular | Ahorro Corporación Financiera | Trea Capital | Parques Reunidos | CEPSA | BNP Paribas Real Estate
#️⃣ Comunicación y Contenido | 📣 Dircom | 🗞️ Medios | 🌐 Multinacionales | ✍️ Escritora

Deja un comentario

Don't Miss