O BNG solicita a retirada de enseres dos contenedores

A formación nacionalista pide revisar e limpar todos os puntos afectados, reforzar medidas preventivas e impulsar unha campaña de concienciación sobre a recollida de residuos voluminosos.
21 de septiembre de 2026
1 minuto lectura
Basuras. Reciclaje. Urbaser.
Basuras. Reciclaje. Urbaser.

O BNG trasladou no último pleno municipal, celebrado o xoves 10 de setembro, unha demanda reiterada da veciñanza relacionada coa limpeza das illas de contedores. En concreto, a formación nacionalista fíxose eco das queixas pola acumulación de mobles, enseres e outros residuos voluminosos en diferentes puntos do núcleo urbano e das parroquias.

Celia García, concelleira da formación nacionalista, advirte de que esta
situación se repite en distintos lugares da vila, xerando problemas de limpeza e salubridade, dificultando o acceso aos contedores e deteriorando a imaxe dos espazos públicos.

Reciclaje. Contenedores. Basuras.
Táboa de madeira colocada xunto a un colector da rúa Ponte Zapal. Diario Marín

Ante esta demanda reiterada, o BNG solicita ao Goberno municipal que realice unha revisión de todas as illas de contedores do concello e proceda á retirada inmediata dos residuos acumulados. Ademais a organización propón poñer en marcha unha campaña de concienciación e información sobre o servizo de recollida de enseres e residuos voluminosos.

As causas

Así mesmo, considera necesario que o Goberno local analice as causas polas que estes depósitos se producen de maneira reiterada e valore a adopción de medidas complementarias nos puntos máis afectados.
O BNG sinala que non abonda con retirar os residuos unha vez que xa están
acumulados. Cómpre ofrecer información clara e accesible, adoptar medidas preventivas que contribúan a evitar a aparición de vertedoiros incontrolados para garantir o correcto funcionamento dos servizos municipais neste eido.

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja un comentario

Don't Miss