O BNG urxe reformar a política forestal galega ante a crise incendiaria

A vaga de incendios que dende hai días arrasa Galicia (con especial incidencia en Ourense e máis de 9.000 hectáreas queimadas) levou ao Bloque Nacionalista Galego (BNG) a esixir un xiro profundo na política forestal da comunidade.
14 de agosto de 2025
1 minuto lectura
Incendio en Monte Pituco.
El incendio, a media noche, se podía observar desde Marín.

A deputada Ariadna Fernández reclamou á Xunta e ás forzas parlamentarias «traballar dende a unidade» para poñer fin a unha traxedia como é a dos incendios que, advertiu, «xa acadou niveis de colapso».

En declaracións aos medios, Fernández insistiu en que a prioridade inmediata é deter a emerxencia, pero alertou de que, sen cambios estruturais, «Galiza seguirá ardendo ano tras ano». Propuxo como medidas esenciais unha ordenación efectiva do monte, o impulso da actividade agrogandeira e a diversificación de especies, co obxectivo de frear a acumulación de biomasa e o monocultivo de variedades pirófitas que actúan como «combustible continuo».

salgueiro marín
As ramas secas son caldo de cultivo para os incendios.

Causas: despoboamento rural e mala xestión forestal

A parlamentaria nacionalista apuntou que, aínda que o cambio climático e as condicións meteorolóxicas agravan o problema, as causas de fondo están vinculadas ao despoboamento rural e a décadas de xestión forestal deficiente. Neste sentido, defendeu un modelo que revitalice o rural con empresas ligadas ao territorio e respectuosas co medio.

Fernández apelou ao Partido Popular a tomar nota da experiencia portuguesa de 2017, cando máis de 60 persoas morreron nunha serie de incendios forestais que tamén deixaron centos de feridos. «Non podemos permitir que Galiza repita ese escenario», subliñou.

A deputada expresou ademais o seu apoio ás familias afectadas e aos equipos de extinción, agradecendo o seu labor nestas xornadas marcadas por desaloxos e confinamentos en varias zonas. «É momento de reflexionar e actuar con visión de futuro», concluíu.

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Don't Miss