O fío invisible da creatividade: Jorgelina e a súa arte da ecoconfección de monicreques

No corazón verde de Ponte Caldelas, onde os ríos cantan e os montes abanean co vento atlántico, unha artista da la dá vida a personaxes que conmoven, fan rir e tamén pensar. Chámase Jorgelina Andrea Sosa Jaque, é artesá, e desde o seu taller Jorecreques crea marionetas únicas, feitas con materiais naturais e sostibles, baixo unha filosofía ecolóxica que conecta coas raíces máis fondas da artesanía tradicional.
1 de agosto de 2025
2 minutos de lectura
Jorecreques
Jorecreques elabora monicreques para espectáculos teatrais no seu obradoiro de Ponte Caldelas

Nacida na Patagonia, Jorgelina leva a súa terra natal no corazón e tamén nas mans. Traballa con la de ovella, que ela mesma trata, peina e tingue con tintes vexetais, dando forma a esculturas, beléns, fadas, caricaturas e un sen fin de posibilidades. Este traballo artesanal é tamén un acto de amor pola natureza e polo oficio.

Ecoconfección e obradoiros escolares

A clave da súa práctica, según, afirma, está na ecoconfección, unha técnica que vai máis alá do feito a man. Trátase dunha forma de crear produtos reducindo ao máximo o impacto ambiental. Jorgelina utiliza la de ovella galega e retallos de tea recuperados, que transforma en personaxes de conto. A técnica baséase no principio das tres “R”: reducir os residuos xerados, reutilizar dándolles unha segunda vida a materiais descartados, e reciclar para crear novos produtos.

A ecoconfección, en termos máis amplos, implica seleccionar materias primas naturais ou recicladas, minimizar residuos durante o proceso produtivo, e deseñar obxectos duradeiros, funcionais e estéticos. É unha aposta por un consumo consciente e unha artesanía comprometida co planeta.

A ecoconfección é un proceso que permite reciclar telas e outros materiais no obradoiro de Jorgelina

Fundado en 2010, Jorecreques, como nos conta a artesá, naceu da fusión do seu nome, Jorgelina, e os “monicreques” que ela mesma anima. No seu taller non só nacen marionetas de fío ou títeres de luva, tamén se crean persoeiros que tod@s identificamos moi ben.

Dalí, Rosalía de Castro ou Frida Khalo entre os persoeiros aos que Jorecreqes da vida

Ademáis Jorgelina imparte obradoiros e actividades educativas, en colexios, asociacións e especialmente en eventos como o Culturgal ou o Festival Internacional de Títeres de Redondela, onde Jorgelina é xa unha referencia consolidada.

Pequenas obras de arte con alma

As súas creacións non son só xoguetes ou obxectos decorativos: son pezas de arte con alma. Entre as máis destacadas están réplicas de Frida Kahlo, personaxes de La guerra de las galaxias, Alicia no País das Marabillas ou mesmo Shrek. Tamén crea unicornios, bruxas e fadas que parecen saídas dun soño. Cada unha feita con adicación, humor e un profundo respecto polo medio ambiente.

Das mans de Jorgelina xorden as personaxes dos nosos contos de nenos/as

A obra de Jorgelina é accesible a través das súas redes sociais en Facebook e Instagram, onde comparte tanto os seus procesos creativos como as funcións que realiza en escolas, onde as súas marionetas espertan sorrisos, preguntas e ilusión.

Jorecreques
Jorgelina traballa con refugallos para elaborar as súas creacións

Así, no seu pequeno obradoiro de Ponte Caldelas, Jorgelina tece un mundo onde a arte, a memoria e a sostibilidade camiñan da man. Un universo de fíos, cores e soños feito para emocionar.

Cristina Corral

Cristina Corral

📚 Directora Adjunta y Cultura de Diario Marín
🎓Periodista (UCJC)
🎓Licenciada en Hispánicas (USC)
👩‍🏫Graduada en Educación Primaria (UCJC)
🇬🇧 Cursó estudios de Filología Inglesa (UDC)

📰 Trabajó como periodista en: El Progreso (Lugo) y Europa Press (Madrid).
🎬Fue guionista en Netex Learning

👩‍💼Subdirigió la Revista Foeminas de la Casa de la Mujer (Concello de Lugo)
🎨Fue coeditora del magazine cultural A Revolta .
👩‍🏫 Ejerce como profesora de secundaria de Lengua y Literatura Española

📝Colabora con diversas revistas como Xistral o Trasluz 📖 y escribe cuentos infantiles 🧒y poesía para adultos📜
🗞️ Se pueden leer sus artículos periodísticos en medios como Galicia Digital, Sermos Galicia, Plaza Pública o Galicia Confidencial.

📻 Desde 2017 codirige el proyecto ESPORA (Escolas pola Radio) 🎙️ y en la actualidad es la Directora Adjunta de Diario Marín (Pontevedra) 🏙️.

📚 Bibliografía: https://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/cristina-corral-soilan/obra

Deja un comentario

Don't Miss