Un ano para o futuro proxecto de dragaxe do fondo da ría de Marín e Pontevedra

O subdelegado do Goberno, Abel Losada, recibiu á directiva do Club Naval de Pontevedra para informala sobre a recente autorización de tres puntos de vertido para as dragaxes nas Rías Baixas por parte do Ministerio de Transición Ecolóxica e dos trámites pendentes para a Xunta de Galicia para dragar o fondo da ría de Pontevedra.
30 de septiembre de 2025
1 minuto lectura
Abel Losada no Club Naval Pontevedra.
Abel Losada no Club Naval Pontevedra.

Abel Losada, Subdelegado do Goberno, obriga a que o futuro proxecto de dragaxe do fondo da ría de Marín e Pontevedra se someta á avaliación ambiental, validada polo Ministerio de Transición Ecolóxica tras unha serie traballos e informes sectoriais de diversos organismos. O subdelegado adiantou que “Portos de Galicia ten moito traballo por diante, porque debe realizar un proxecto, concreto e sometelo a Avaliación de Impacto Ambiental, un procedemento que durará non menos dun ano”.

Comisión Mixta

Losada celebrou que se teña cumprido o compromiso de emitir durante este verán o informe da Dirección Xeral de Biodiversidade, que habilitou os tres novos puntos de vertido propostos por unha comisión mixta constituída entre Puertos del Estado, Portos de Galicia, as Autoridades Portuarias de Vigo, Marín e Vilagarcía e o Centro de Estudos do Ministerio de Transportes (CEDEX).

Entre outras cuestións, o proxecto de dragado debe cumprir coas directrices para a caracterización do material dragado e a súa reubicación en augas do dominio público marítimo-terrestre, de 2021. Estas Directrices establecen os criterios para reutilización dos materiais de categorías A e B (non contaminados ou pouco contaminados) ou C (contaminados).

Recheos en terra e rexeneración de praias

Así, en función da calidade do material poderá dedicarse a usos diversos que van dende a rexeneración de praias a recheos en terra ou á elaboración de materiais de construción.

Playa Loira.
En la playa Loira se celebra este sábado el homenaje a la famillia Lobeira.

Para a caracterización dos materiais dragados tense en conta o tamaño do gran, o nivel de carbono, o contido en nutrientes, contaminación orgánica, metais, a toxicidade e mesmo os valores estéticos.

Para o uso final, as Directrices obrigan tamén a facer tamén unha valoración da viabilidade técnica e económica e, finalmente, unha vixilancia e seguimento do vertido.

“Por tanto”, concluíu Losada, “a estas alturas resulta aventurado dar por feito que o material vai verterse no novo punto de vertido B que vén de ser validado polo Ministerio de Transición Ecolóxica” para o destino potencial de material dragado nas rías de Arousa e Pontevedra.

3 millones parados de la Xunta

O subdelegado pediu “menos declaracións partidistas nun asunto que debe cumprir parámetros estritamente técnicos”. “A estas alturas xa quedou claro que cando se presumía de que había 3 millóns de euros “parados” nos Orzamentos da Xunta non se estaba contando a verdade, senón realizando un movemento propagandístico”.

Ademais, o subdelegado considera “prematuros” os debates sobre se o material dragado debe ir ao mar ou a terra, porque iso tamén está regulado por unha normativa específica.

Lola Fernández

Lola Fernández

📰 Fundadora de Diario Marín (DM)
👩‍🎓 Licenciada en Ciencias de la Información (Periodismo) – UCM
💰 Máster en Información Económica – UCM
📚 Grado en Estudios Ingleses – UNED – Titulada en Literatura Victoriana, especialista de Las Hermanas Brönte, por la Universidad de Oxford (UK).
🌍 Inglés | Italiano | Ruso | LSE Lengua Signos Española – Titulada en Literatura Rusa Siglo XIX por la Universidad Lamanasov (Mosú-Rusia).
✍️ Autora de El Pazo de Lourizán y El secreto de La Perfección de la Editorial Harper Collins Ibérica
🗞️ Medios Cinco Días, El País Negocios, Intereconomía, La Gaceta de los Negocios, El Economista, Mi Cartera de Inversión, entre otros
💼 Experta en Comunicación Corporativa
📢 Dircom en la CMT (actual CNMC)
🏢 Directora de Comunicación para multinacionales:
Solarcentury | Vesuvius | MOA-BPI | Banco Madrid | Banco Popular | Ahorro Corporación Financiera | Trea Capital | Parques Reunidos | CEPSA | BNP Paribas Real Estate
#️⃣ Comunicación y Contenido | 📣 Dircom | 🗞️ Medios | 🌐 Multinacionales | ✍️ Escritora

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Don't Miss