A exposición «Recordos», na sala do Ateneo Santa Cecilia

A exposición estará aberta do 30 de xaneiro ao 13 de febreiro. Poderase visitar de luns a venres, en horario de 18:00 a 20:30.
27 de enero de 2026
1 minuto lectura

O vindeiro venres, 30 de xaneiro, ás 20:00 h, terá lugar na sala do Ateneo Santa Cecilia a primeira inauguración do ano 2026 coa exposición de “Recordos” do pintor Sebastián Grande Santos. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.

Na mostra, Basti Grande presenta un conxunto de obras sobre a súa vida que nacen dunha necesidade de preservar o pasado. O que comezou como un xeito de salvagardar os seus recordos revelouse como o descubrimento dun don para a pintura. A súa obra tradúcese en cadros de gran beleza, cheos de cor, paixón e un profundo significado, onde cada pincelada busca salvar do esquecemento as vivencias que nos forman.

Sede del Ateneo Santa Cecilia en Marín.
Sede del Ateneo Santa Cecilia en Marín.

A arte convértese no vehículo para compartir a súa historia persoal. En palabras do propio artista:

“Hai uns poucos meses, deume por pensar en… — Que vello estou — e mirei cara atrás, tantas historias…, tantos recordos…, tantas vivencias…, E pensei que todos eses arquivos e imaxes da miña vida, están a deteriorarse e vanse perder definitivamente, — Teño que facer unha copia — Pero…, como se fai unha copia da memoria? E sen ter pintado nada na miña vida, de súpeto, púxenme a pintar cadros con fotos e recordos vellos e pensei que me gustaría amosarlle a todo o mundo o meu álbum de recordos, gustaríame facer unha exposición… E aquí estamos. Grazas por vir”.

A exposición estará aberta do 30 de xaneiro ao 13 de febreiro. Poderase visitar de luns a venres, en horario de 18:00 h a 20:30 h.

Lola Fernández

Lola Fernández

📰 Directora de Diario Marín
👩‍🎓 Licenciada en Ciencias de la Información (Periodismo) – UCM
💰 Máster en Información Económica – UCM
📚 Grado en Estudios Ingleses – UNED – Titulada en Literatura Victoriana, especialista de Las Hermanas Brönte, por la Universidad de Oxford (UK).
🌍 Inglés | Italiano | Ruso | LSE Lengua Signos Española – Titulada en Literatura Rusa Siglo XIX por la Universidad Lamanasov (Mosú-Rusia).
✍️ Autora de El Pazo de Lourizán y El secreto de La Perfección de la Editorial Harper Collins Ibérica
🗞️ Medios Cinco Días, El País Negocios, Intereconomía, La Gaceta de los Negocios, El Economista, Mi Cartera de Inversión, entre otros
💼 Experta en Comunicación Corporativa
📢 Dircom en la CMT (actual CNMC)
🏢 Directora de Comunicación para multinacionales:
Solarcentury | Vesuvius | MOA-BPI | Banco Madrid | Banco Popular | Ahorro Corporación Financiera | Trea Capital | Parques Reunidos | CEPSA | BNP Paribas Real Estate
#️⃣ Comunicación y Contenido | 📣 Dircom | 🗞️ Medios | 🌐 Multinacionales | ✍️ Escritora

Deja un comentario

Don't Miss