A FEGAMP solicita máis financiamiento para el SAF

O presidente da FEGAMP, Alberto Varela, solicitou ao ministro de Dereitos Sociais que dos fondos transferidos polo Goberno á Xunta de Galicia para atender á Dependencia teña que destinarse unha parte deles con carácter finalista para atender o financiamento do SAF.
25 de febrero de 2026
1 minuto lectura
Reunión entre o presidente da Fegamp e o ministro de Dereitos Sociais e a Secretaria de Estado a semana pasada.

O presidente da Federación Galega de Municipios e provincias (FEGAMP), Alberto Varela, reuniuse recentemente co ministro de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, Pablo Bustinduy, e coa secretaria de Estado de Dereitos Sociais, María Rosa Martínez, co obxecto de abordar a grave problemática estrutural e de financiamento que están a soportar os concellos galegos na xestión do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

Na reunión, o presidente da FEGAMP solicitou ao ministro de Dereitos Sociais que dos fondos transferidos polo Goberno á Xunta de Galicia para atender á Dependencia que teña que destinarse unha parte deles con carácter finalista para atender o financiamento do SAF, co obxectivo de acadar o máis cedo posible o financiamento ao 100% do SAF entre Xunta de Galicia e Goberno, como establece a Lei de Dependencia.

Recente acordo

O recente acordo asinado pola FEGAMP coa Xunta de Galicia para mellorar o financiamento do SAF, polo que se pasaría dos 12 euros por hora de servizo anteriores, compostos por achegas da Xunta e do Goberno, aos 16 euros en 2026, 17 euros en 2027 e 18 euros en 2028, foi presentado ao ministro polo presidente da entidade municipalista, xunto coa información actualizada que se dispón dende a FEGAMP sobre a situación do SAF en Galicia.

Desta maneira confírmase que en decembro de 2025 Galicia contaba con 22.819 usuarios no SAF, sendo o custo medio calculado pola FEGAMP nesas datas de 21,45 euros por hora de servizo. Xa hai concellos nos que se superan os 24 euros/hora, como tendencia ascendente que se manterá nos próximos anos.

Varela salientou que “este esforzo económico dos concellos co SAF vai descender, pero en calquera caso é necesario que tanto Goberno e Xunta valoren o custo real de SAF e acheguen a cantidade necesaria para sufragar o 100% do mesmo cando acorden os obxectivos anuais para este servizo”.

Sara Martinez

Sara Martinez

✍Directora de Opinión y Política en Diario Marín
🎓 Licenciada en CC de la Información en CEU San Pablo Cardenal Herrera
📰 Periodista en Levante-EMV, 📻 Radio Valencia-SER, 🗞 Agencia EFE
📢 Dircom en el Ayuntamiento de Mislata (📍 Valencia)
👩‍🏫 Profesora de Periodismo en la Escuela Superior de Negocios ESNE Valencia
📱Periodista en el Gabinete de Prensa de la Subdelegación de Gobierno de Pontevedra
Colaboradora de opinión en Galicia 24 horas y Mislata News
💻 Comunicación en redes | 📱 Community Manager
🗣 Educomunicadora en el Colexio de Xornalistas de Galicia
🎙 Podcast Desmontando Bulos en Ocionews Radio
✍ Escritora | Autora de La Rima de tus Huellas 🐾

Deja un comentario

Don't Miss