A Fundación Juan XXIII e seus profesionais, persoas con discapacidade, que traballan na limpeza de canaletas, podas, retirada de árbores caídas e eliminación de especies invasoras, ademais de novas plantacións se permiten mellorar progresivamente o estado da contorna, recuperar espazos para o seu desfrute e reforzar a conservación da súa riqueza botánica.
A Deputación apoia esta iniciativa cunha achega de 55.000 euros anuais, destinada a favorecer o emprego en actividades ambientais. A través do proxecto Natura XXIII, o Botánico do Lago, un novo impulso para Castiñeiras, incorpora un viveiro para a produción e comercialización de plantas e árbores e un invernadoiro, combinando a actividade profesional coa divulgación e a educación ambiental.

A día de hoxe, tal e como lles explicaron desde a Fundación ás autoridades, o viveiro está funcionando “moi ben, sobre todo esperamos que agora teña un pulo importante no outono” e esperan poder chegar a marzo coa apertura da cantina. A visita puxo o foco na importancia de dar continuidade a este esforzo compartido, para que a recuperación de Castiñeiras siga evolucionando sobre unha base de conservación, planificación e oportunidades de emprego.
Comunidades de montes
O Concello destaca o traballo da Fundación Juan XXIII e das persoas que o fan posible, así como a colaboración das comunidades de montes e das
administracións. O deputado provincial Javier Tourís, a directora da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Pilar Vela, a alcaldesa de Marín, María Ramallo, e a concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, visitaron este espazo para comprobar os importantes avances realizados pola Fundación Juan XXIII.