A Gala do Deporte 2026 celebra outro ano a excelencia e os valores do deporte local

O Concello de Marín convoca unha nova edición da Gala do Deporte, a gran festa de recoñecemento á disciplina, á paixón, ao éxito e aos valores que definen o deporte marinense. Ata o 16 de xaneiro poderán presentarse as candidatura ás 13 categorías de premios e mencións especiais que distinguirán a deportistas, entidades e iniciativas máis destacadas do ano.
9 de enero de 2026
1 minuto lectura

A convocatoria contempla un total de 13 premios e mencións especiais. Entre eles inclúense os recoñecementos a mellor deportista masculino e feminino, mellor deportista de base, mellor deportista veterano/a, mellor club ou entidade deportiva e mellor adestrador/a ou técnico/a. Tamén se recollen premios relacionados coa inclusión, o voluntariado deportivo, o deporte con valores, a base e a formación, o mellor evento do ano e a colaboración ou patrocinio co deporte. As categorías buscan recoller diferentes ámbitos da práctica e da xestión deportiva.

Quen pode presentar candidaturas

As propostas poden ser realizadas por calquera club, cidadanía a título individual, institución ou asociación. Non é necesario pertencer ás entidades nominadas para propoñer unha candidatura, polo que a convocatoria está aberta á participación xeral.

Procedemento e prazos

O prazo para presentar as solicitudes remata o 16 de xaneiro. As candidaturas poden tramitarse a través da sede electrónica municipal mediante Instancia Xeral, de maneira presencial no Rexistro do Concello ou por correo electrónico no enderezo: deporte.juventud@concellodemarin.es. Segundo a convocatoria, a resolución das persoas e entidades premiadas está prevista para o 22 de xaneiro.

Información adicional

As bases completas da Gala do Deporte 2026, así como os criterios de valoración e requisitos de participación, poden consultarse na páxina web municipal do Concello de Marín, no apartado de Deportes e Xuventude: https://www.concellodemarin.es/deportes-e-xuventude/gala-do-deporte/


Cristina Corral

Cristina Corral

📚 Directora Adjunta y Cultura de Diario Marín
🎓Periodista (UCJC)
🎓Licenciada en Hispánicas (USC)
👩‍🏫Graduada en Educación Primaria (UCJC)
🇬🇧 Cursó estudios de Filología Inglesa (UDC)

📰 Trabajó como periodista en: El Progreso (Lugo) y Europa Press (Madrid).
🎬Fue guionista en Netex Learning

👩‍💼Subdirigió la Revista Foeminas de la Casa de la Mujer (Concello de Lugo)
🎨Fue coeditora del magazine cultural A Revolta .
👩‍🏫 Ejerce como profesora de secundaria de Lengua y Literatura Española

📝Colabora con diversas revistas como Xistral o Trasluz 📖 y escribe cuentos infantiles 🧒y poesía para adultos📜
🗞️ Se pueden leer sus artículos periodísticos en medios como Galicia Digital, Sermos Galicia, Plaza Pública o Galicia Confidencial.

📻 Desde 2017 codirige el proyecto ESPORA (Escolas pola Radio) 🎙️ y en la actualidad es la Directora Adjunta de Diario Marín (Pontevedra) 🏙️.

📚 Bibliografía: https://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/cristina-corral-soilan/obra

Deja un comentario

Don't Miss