Este próximo viernes, Raquel Catalán, presentará «Anaquiños» a las 19:30 horas en el Museo Torres de Marín. A través de ideas abstractas, emocións, conceptos universais e mesmo entidades invisibles que nos condicionan na vida cotiá, o texto da marinense Raquel Catalán explora temas como a vida, Galicia, o destino, a inspiración e o vínculo humano co inmaterial. As cartas, escritas cun ton íntimo e reflexivo, mesturan filosofía, literatura e emoción, ofrecendo ao lector unha experiencia única e suxestiva.
Sobre a autora
Raquel Catalán Rodríguez, é unha apaixoada da literatura e a escritura dende a infancia, atopando nas palabras unha forma de expresar sentimentos e contar historias. Actualmente está formándose como filóloga clásica e teórica literaria-comparatista na USC, combinando o seu amor polas linguas antigas coa creación literaria.
“Anaquiños” é a súa primeira obra de todos os proxectos que ten no tinteiro. Cando non está escribindo, desfruta da actuación e valora todos os momentos compartidos coa familia e as amizades.