Continúan as obras de mellora nos camiños rurais de Marín

O Plan de Pavimentación de Camiños Rurais de Marín incorporou este ano a mellora do Camiño do Chamo, situado en Pardavila. A obra consistiu na instalación dunha nova canalización de augas pluviais, o peche das cunetas e a pavimentación completa do vial, de algo máis de douscentos metros de lonxitude. Tamén foi necesario recrecer as tapas de rexistro existentes.
2 de octubre de 2025
1 minuto lectura
Obras
Obras en Pontevedra

Segundo os datos facilitados polo Concello, este camiño presentaba problemas de tránsito en época de choivas debido a encharcamentos e deterioro do firme. A intervención dá continuidade a outras actuacións anteriores, como a colocación de servizos de abastecemento e saneamento executados en colaboración coa Comunidade de Montes de San Xulián.

+ Provincia

O investimento realizado forma parte do orzamento total de 335.000 euros destinado ao Plan de Pavimentación de 2025. A financiación procede do programa provincial «+ Provincia», da Deputación de Pontevedra, que permite aos concellos acometer obras de mellora en infraestruturas locais.

Ramallo polas camiños de Marín
A visita realizada o mércores ao Camiño do Chamo contou coa alcaldesa

A visita realizada este mércores ao Camiño do Chamo contou coa participación da alcaldesa, María Ramallo, do concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, e de veciños da zona, que comprobaron o resultado das obras.

En curso

Ademais desta intervención, o plan municipal inclúe outras actuacións xa executadas ou en curso. Entre elas está finalizado o camiño de Viñas Blancas, mentres seguen en marcha os traballos en Currás e no acceso entre o cemiterio e o campo de fútbol de Santomé de Piñeiro. Están previstas novas obras en Mogor-Praia de Portocelo, no Cruceiro da Brea-San Blas, en Moledo e no camiño do Pazo.

obras en camiño fondo de mogor
Están previstas novas obras en Mogor-Praia de Portocelo

O Plan de Pavimentación de Camiños Rurais execútase de maneira anual e abrangue diferentes núcleos do termo municipal. O seu obxectivo principal é mellorar o estado da rede viaria secundaria e garantir un acceso máis axeitado ás vivendas e parcelas situadas nas zonas rurais.

Deja un comentario

Don't Miss