A exposición que arrancou na semana do 8M estará presente algún días máis no centro. Nela reúnense ensaios divulgativos, libros de pensamento e lecturas accesibles que explican as desigualdades e as loitas polos dereitos das mulleres ao longo da historia, desde diferentes perspectivas.
Introdución ao feminismo
Guías claras para empezar
Entre os títulos recomendados destacan obras pensadas para quen quere iniciarse no feminismo.

Feminismo para principiantes, de Nuria Varela, é unha das referencias máis coñecidas. Explica de xeito claro a historia do movemento feminista, as súas reivindicacións e as principais correntes de pensamento.

Tamén nesta liña divulgativa aparece 50 conceptos sobre el feminismo de Jess McCabe e outr@s autores/as. Resume ideas fundamentais do feminismo contemporáneo, desde a igualdade legal ata os debates actuais sobre xénero.

Outro título accesible é Feminismo en cen palabras de Luca Chao, que propón explicar o feminismo a través dun centenar de termos breves e claros. Cada palabra funciona como unha pequena entrada que define conceptos esenciais como igualdade, patriarcado ou sororidade. Este libro permite comprender de maneira rápida e didáctica as bases do pensamento feminista.
Ensaios e argumentos para reflexionar
Datos, pensamento e debate
A mostra tamén inclúe obras que analizan o feminismo desde unha perspectiva algo máis reflexiva.

En Tu argumentario feminista en datos, de Júlia Salander, preséntanse estatísticas e argumentos que desmontan tópicos sobre a igualdade de xénero. O libro converte os datos nunha ferramenta para comprender as desigualdades que aínda existen.

Pola súa parte, Mujeres y poder, de Mary Beard, reflexiona sobre a presenza das mulleres no espazo público e no poder político ao longo da historia. A obra analiza as raíces culturais da exclusión feminina.
Igualdade para as novas xeracións
Libros pensados para público novo
Entre as recomendacións tamén hai lecturas destinadas ao público máis novo.

La igualdad entre chicas y chicos no es ninguna broma presenta de maneira visual e accesible as situacións de desigualdade que se producen no día a día. O libro e unha invitación a reflexionar sobre todas elas.

Outro exemplo é Micro machismos de Geles Hornedo e Aitor Alonso, que explica pequenas actitudes ou comportamentos que perpetúan a desigualdade e que ás veces pasan desapercibidos.
Historias e movementos actuais
A loita feminista no presente
A selección complétase con obras que conectan co activismo contemporáneo.
#WeToo, de Octavio Salazar, analiza os cambios sociais derivados dos movementos contra o acoso e a desigualdade.

Xunto a el, títulos como Morder la manzana de Leticia Dolera, exploran experiencias persoais e colectivas que amosan como o feminismo segue sendo un movemento vivo e necesario.


A iniciativa do IES Chan do Monte converte a biblioteca nun lugar de descubrimento e reflexión. A través destas lecturas, o alumnado pode achegarse á historia das loitas feministas e comprender mellor a importancia da igualdade na sociedade actual.