A proba foi presentada polos concelleiros Antonio Traba e Antonio Caíña, xunto ao representante da Asociación de Comerciantes Marín Sur (ACEMA), Manuel Solla.
A xornada arrancará ás 10.00 horas na Alameda de Seixo, coa celebración das carreiras dos máis pequenos, organizadas por idades. Ás 10.30 horas terá lugar unha andaina popular, aberta a todos os públicos, cun percorrido pola praia de Loira e o monte Subareiro. A carreira de maiores disputarase ás 10.45 horas, cun trazado de 8,3 quilómetros que partirá do cruce de Aguete, pasará por Portocelo e regresará á Alameda.
As inscricións serán gratuítas e poderán realizarse previamente a través do formulario habilitado ou o mesmo día da proba na mesa de inscricións. Ademais, a organización promoverá unha Operación Kilo solidaria, con recollida voluntaria de alimentos non perecedoiros destinados a Cáritas de Santomé.

CEIP de Seixo
Todos os participantes recibirán medalla, haberá premios e realizarase un sorteo de agasallos entre as persoas inscritas. O cartel desta edición foi deseñado polo alumnado do CEIP de Seixo, recoñecendo a súa colaboración con 120 euros en cheques regalo. En concreto, o deseño da alumna de 4º de Primaria, Xiana, foi a gañadora deste concurso que organiza o centro educativo para esta emblemática carreira.
A partir das 12.00 horas, celebrarase unha chocolatada popular con pastelaría para todas as persoas asistentes. Desde a organización agradécese a colaboración das casas comerciais, o traballo do voluntariado e dos socios de Acemas, así como o apoio do Concello de Marín, clave para facer posible este evento.