Ata este venres. Ese é o prazo para presentar propostas de candidaturas para os premios que se entregarán na Gala do Deporte, un evento de referencia para o recoñecemento do deporte local que regresa tras varios anos sen celebrarse. A cita servirá para poñer en valor o esforzo, a dedicación e os valores de deportistas, clubs, entidades e persoas vencelladas ao deporte marinense ao longo do ano 2025.
Poderán presentar propostas clubs deportivos, asociacións, entidades, institucións e a cidadanía en xeral, así como o propio xurado.
Trece premios
Nesta edición concederanse trece premios que abranguen distintas categorías, entre elas mellor deportista masculino e feminino, deportista de base, deportista veterano/a, mellor club ou entidade deportiva, mellor adestrador/a, premio á inclusividade, ao voluntariado deportivo, ao deporte con valores, ao deporte base e á formación, ao mellor evento do ano e ao patrocinio e colaboración co deporte.
As candidaturas poderán presentarse a través do Rexistro Municipal do Concello de Marín ou mediante o correo electrónico: deporte.juventud@concellodemarin.es.
Toda a información e as bases están dispoñibles na web do Concello.
O xurado valorará non só os resultados deportivos, senón tamén aspectos como o esforzo, o compromiso, o xogo limpo, a igualdade, a inclusión, o impacto social e a promoción de hábitos de vida saudables, reforzando así o carácter educativo e social do deporte.
Coa recuperación da Gala do Deporte, o Concello de Marín reafirma o seu
compromiso co deporte local e con todas as persoas e entidades que contribúen a engrandecelo e a convertelo nun eleme