A Deputación convida a centros escolares a achegarse a Castelao

Os próximos martes 18 e mércores 19 de novembro, a Deputación convida a centros escolares a tres funcións de 'Pegadas de Castelao', un espectáculo dirixido a centros escolares de Educación primaria que pon en escena Migallas Teatro.
17 de noviembre de 2025
1 minuto lectura
Teatro para Centros Escolares sobre Castelao.
'Pegadas de Castelao' pretende difundir dunha maneira amena a figura e a obra de Castelao.

A Deputación programa no Museo de Pontevedra os próximos martes 18 e mércores 19 de novembro tres funcións de ‘Pegadas de Castelao’, un espectáculo dirixido a centros escolares de Educación primaria que pon en escena Migallas Teatro.

‘Pegadas de Castelao’ pretende difundir dunha maneira amena a figura e a obra de Castelao en todas as súas facetas: escritor, político, artista, promotor cultural etc.

Monicreques e cabezudos

Para lograr este obxectivo combínanse diferentes técnicas dramáticas: monicreques de silueta e de luva e cabezudos inspirados nos debuxos e relatos do autor de Rianxo, teatro, pantomima e cantar de cego, todo acompañado por música en directo, con cantigas populares vinculadas á súa vida e obra.

A proposta forma parte da programación do Ano Castelao no Museo de Pontevedra, que conmemora o 75 cabodano do intelectual e artista. Ao longo deste 2025, o Museo programou visitas guiadas, conferencias e espectáculos, ademais de difundir os recursos en liña, propostas didácticas e publicacións lanzadas desde esta institución e que permiten a persoas de todas as idades achegarse a esa figura imprescindible da Galicia do século XX.

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja un comentario

Don't Miss