A Deputación pon en marcha un portal de actividades do Nadal nos concellos

A web de Turismo Rías Baixas presenta un mapa interactivo onde xa se pode repasar a programación festiva de máis dunha vintena de concellos.
11 de diciembre de 2023
1 minuto lectura
nadal na provincia de pontevedra

Chega o Nadal e a provincia de Pontevedra énchese de luz e cor, ofrecendo un programa para vivir unha experiencia festiva única.

Co obxectivo de difundir a programación dos concellos da provincia, a Deputación de Pontevedra, a través de Turismo Rías Baixas, vén de poñer en marcha un portal onde se poden consultar todas as actividades que se realizarán por toda a provincia.

Actualmente, máis dunha vintena de concellos xa forman parte da páxina web, aínda que segue aberto o prazo para que se adhiran máis concellos.

concellos navidad pontevedra

Iluminación nas rúas e prazas, fantásticas decoracións en núcleos urbanos e rurais, concertos, mercados, atraccións, xogos, nacementos, actividades para todas as idades, etc.

A través do mapa interactivo que se pode atopar na citada web, a xente poderá buscar que ver e facer para vivir o Nadal nas Rías Baixas. Deste xeito, na páxina pódense consultar os obradoiros, concertos, mercados, festas, actuacións musicais, feiras de diversión e todas as actividades programadas tanto para maiores como para os máis pequenos da casa.

Tamén é posible descubrir outra información, como os tempos das visitas dos Reis Magos e Papá Noel aos distintos concellos, así como os días de celebración dos desfiles.

Avelino Domínguez

Avelino Domínguez

📌 Director Adjunto Técnico de Diario Marín. Webmaster.
👨‍🎓 Licenciado en Biología (UVigo).
🧬 Máster en Biotecnología Avanzada (UVigo).
📊 Máster en Técnicas Estadísticas (UVigo).
👨‍🏫 Profesor de cursos de teleformación y formación presencial.
#️⃣ SEO | 💻 Web | 📈 Data |♟️ Ajedrez | 🐱

Deja un comentario

Don't Miss