A Gala do Deporte, «Tartufo» de Moliére e Marionetas, no Auditorio de Marín

A programación cultural e social na vila segue despois da resposta desta fin de semana á Gala do Ballet de Galicia.
15 de junio de 2026
1 minuto lectura
Vista del Auditorio de Marín.

O Auditorio de Marín estreará unha nova semana de actividade onde o deporte terá a súa gran festa e na que se representarán as primeiras obras de teatro desde a apertura da nova infraestrutura cultural.

A primeira cita será co deporte do municipio. O Concello retoma a celebración da Gala do Deporte despois de varios anos de parón para celebrar os espectaculares éxitos deportivos dos nosos deportistas. Presentada por Terio Carrera, a gala contará coa actuación de SonsGalia para amenizar a entrega de 14 premios aos e ás mellores da tempada, así como premios de carácter social e unha mención especial.

A entrada será gratuíta ata completar o aforo, tendo en conta a reserva de espazos para os propios premiados e os seus seres queridos e a apertura de portas será media hora antes, a partir das 19.00h.

Moliére e Marionetas

«Tartufo» de Moliére, co Grupo de Teatro do Campus de Pontevedra
Sábado, 20 de xuño, ás 21.00 horas. A gran obra de Moliére, dramaturgo francés do século XVII e considerado un dos mellores escritores da súa época, será interpretada polo elenco do Grupo de Teatro do Campus de Pontevedra.

A comedia satírica conta a historia de Tartufo, un falso devoto que se infiltra na casa dun Orgón, un home adinerado, para manipulalo e roubarse os seus bens, destrozando á súa familia. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo. Apertura de portas ás 20.30h.

«Sobremesa», de Teatro das Maniotas (IES de Brión), o domingo, 21 de xuño, ás 20.30h. O Grupo de Teatro do IES de Brión leva anos traballando con obras propias que non deixan indiferente. Chegan o domingo a Marín coa súa proposta “Sobremesa”, un texto orixinal e en galego sobre a familia, as festas e as relacións en xeral. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo. Apertura de portas ás 20.00h.

Juan José Lada Vilariño

Juan José Lada Vilariño

🎭 Director de Vida, Motor y Viajes en Diario Marín
🎓 Graduado en Relaciones Laborales y Recursos Humanos – UDC
📚 Máster en Prevención de Riesgos Laborales y Comunes – UDC
💼 Técnico Superior en Administración y Finanzas – IES Terra de Trasancos
🔧 Técnico en Electromecánica de Vehículos – CIFP Ferrolterra
✍ Autor de "El tesoro de Artabria"; "Las minas de Santa Comba"; "El oro de Himmler" y "Sin prueba aparente" 📖

Deja un comentario

Don't Miss