A Oficina Móbil Retorno da Xunta estará este mércores na Alameda

O servizo atenderá de 09.00 a 14.00 horas ás persoas emigrantes retornadas ou que estean preparando o seu regreso a Galicia, sendo necesario solicitar cita previa no 900 102 380.
14 de septiembre de 2026
1 minuto lectura

A Oficina Móbil Retorno da Xunta de Galicia fará parada este mércores, 16 de setembro, en Marín, achegando á cidadanía un servizo de información e
asesoramento especialmente dirixido ás persoas galegas que regresaron do
estranxeiro ou que están preparando o seu retorno a Galicia.

A unidade estará instalada na Alameda Rosalía de Castro, en horario de 09.00 a 14.00 horas, facilitando así que as persoas interesadas poidan resolver de maneira presencial e próxima as súas dúbidas relacionadas co proceso de retorno. Para poder ser atendido é importante solicitar previamente cita no teléfono gratuíto 900 102 380, a través do que se poderá reservar a atención en Marín.

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja un comentario

Don't Miss