A UNED promove un curso para analizar o idadeísmo e a sexualidade na madurez

O Centro Asociado da UNED en Pontevedra acollerá entre o 23 de marzo e o 6 de abril o curso de extensión universitaria “Idadeísmo e sexualidade na madurez: desmontando mitos e muros sociais”, unha iniciativa orientada a analizar os estereotipos vinculados ao envellecemento e á vida afectivo-sexual das persoas maiores. A actividade pretende ofrecer unha reflexión sobre como os prexuízos asociados á idade inflúen na percepción social da sexualidade e na propia experiencia das persoas na etapa madura.
12 de marzo de 2026
2 minutos de lectura
Ejercicios al aire libre. Salud Mental. Bienestar.
Entre los talleres, se encuentran algunos de ejercicios.

O curso desenvolverase cunha duración total de dez horas lectivas e combinará modalidade presencial e en liña. As sesións celebraranse entre as 17.00 e as 19.00 horas, permitindo ao alumnado seguir os contidos tanto en directo como en diferido.

A coordinación da actividade recae en Rafael Cotelo Pazos, responsable do Departamento de Extensión Universitaria e Actividades Culturais da UNED en Pontevedra. A docencia estará a cargo de Lorena Cochón, xornalista, docente e axente de igualdade cunha traxectoria profesional de máis de dúas décadas centrada na divulgación social e na sensibilización arredor da igualdade e doutras cuestións sociais.

A actividade estará coordinada por Rafael Cotelo Pazos

Reflexionar sobre o idadeísmo e o envellecemento activo

A iniciativa pretende abordar o concepto de idadeísmo, entendido como o conxunto de estereotipos, actitudes e prácticas discriminatorias baseadas na idade. O programa analizará as súas diferentes manifestacións —institucionais, sociais e persoais— e o seu impacto en ámbitos como a saúde, o emprego ou a percepción que as persoas teñen de si mesmas ao envellecer.

Entre os obxectivos da formación figuran tamén promover unha visión máis positiva do envellecemento, fomentar o concepto de envellecemento activo e ofrecer ferramentas que favorezan o benestar emocional e a saúde afectivo-sexual ao longo de toda a vida.

Sexualidade, saúde e comunicación na madurez

O programa estrutúrase en cinco sesións temáticas. A primeira centrarase na análise do idadeísmo e nas súas consecuencias sociais. A segunda abordará estratexias para avanzar cara a unha sociedade máis inclusiva, facendo fincapé na educación, na sensibilización social e no uso dunha linguaxe libre de prexuízos relacionados coa idade.

Mayores. Activos. Envejecimiento.

A terceira sesión estará dedicada á sexualidade na terceira idade, coa intención de cuestionar a idea da chamada “velles asexual” e de explicar as diferenzas entre sensualidade e erotismo. As dúas últimas xornadas analizarán a vida íntima en presenza de determinadas patoloxías frecuentes —como enfermidades cardiovasculares, artrose ou cancro— e tratarán cuestións vinculadas á prevención e á saúde sexual, incluíndo as infeccións de transmisión sexual e a importancia da comunicación na parella.

Aberto a alumnado e público interesado

O curso está dirixido tanto a estudantes como a profesionais e persoas interesadas en profundar no coñecemento do idadeísmo, a igualdade e a saúde afectivo-sexual. Tamén se abordarán cuestións relacionadas coa prevención da violencia de xénero e coa promoción do benestar emocional, especialmente no caso das mulleres.

Sede de la UNED en Pontevedra.
O curso terá lugar na Sede da UNED en Pontevedra.

Con esta actividade formativa, a UNED de Pontevedra busca contribuír ao debate social arredor do envellecemento e promover unha visión máis inclusiva e informada sobre a sexualidade e as relacións afectivas na etapa madura.

Cristina Corral

Cristina Corral

📚 Directora Adjunta y Cultura de Diario Marín
🎓Periodista (UCJC)
🎓Licenciada en Hispánicas (USC)
👩‍🏫Graduada en Educación Primaria (UCJC)
🇬🇧 Cursó estudios de Filología Inglesa (UDC)

📰 Trabajó como periodista en: El Progreso (Lugo) y Europa Press (Madrid).
🎬Fue guionista en Netex Learning

👩‍💼Subdirigió la Revista Foeminas de la Casa de la Mujer (Concello de Lugo)
🎨Fue coeditora del magazine cultural A Revolta .
👩‍🏫 Ejerce como profesora de secundaria de Lengua y Literatura Española

📝Colabora con diversas revistas como Xistral o Trasluz 📖 y escribe cuentos infantiles 🧒y poesía para adultos📜
🗞️ Se pueden leer sus artículos periodísticos en medios como Galicia Digital, Sermos Galicia, Plaza Pública o Galicia Confidencial.

📻 Desde 2017 codirige el proyecto ESPORA (Escolas pola Radio) 🎙️ y en la actualidad es la Directora Adjunta de Diario Marín (Pontevedra) 🏙️.

📚 Bibliografía: https://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/cristina-corral-soilan/obra

Deja un comentario

Don't Miss