As salas do Audiotorio estréanse co Summer Intensive do Ballet de Galicia

As novas salas do Auditorio foron inauguradas polo Ballet de Galicia co seu Summer Intensive, unha residencia artística dun mes para bailaríns e bailarinas.
3 de agosto de 2026
1 minuto lectura

As novas salas do Auditorio foron inauguradas polo Ballet de Galicia co seu Summer Intensive, unha residencia artística dun mes para bailaríns e bailarinas, con clases de luns a sábado durante todo o día e que terá o seu culmen final na VI Gala de Verán, que acollerá o Auditorio o 29 de agosto con apertura a todo o público ata encher o aforo de 500 butacas.

A alcaldesa, María Ramallo, e a concelleira Marián Sanmartín abriron este curso conxuntamente co director do Ballet de Galicia, Diego Landín, que se sentiu “orgulloso e agradecido por poder utilizar unhas instalacións así no meu pobo” e trasladou aos e ás participantes esta “sorte” por unha infraestrutura desta calidade.

O Ballet de Galicia.

En total, participan 60 nenos e nenas procedentes de diversos puntos de Galicia como de Valladolid, Madrid.. e outros países, entre os que destacan Cancún e México. A alcaldesa quixo darlle a benvida e trasladarlles “que esta é a primeira actividade que se fai nas salas desde que abrimos este maravilloso Auditorio, unhas salas pensadas precisamente para isto, para formar, para crear cultura e para o que delas saia poidamos despois desfrutalo no patio de butacas”.

magen de Paterres en el Auditorio de Marín.
Auditorio de Marín.

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja un comentario

Don't Miss