Chega o «Escape Room da DGT aos institutos de Marín

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, asistiu no colexio SEI San Narciso, de Marín, ao comezo da actividade do “Escape Room” da Dirección Xeral de Tráfico, no que o alumnado aprende, nun contexto lúdico, pautas de actuación seguras diante dun accidente de tráfico.
11 de marzo de 2026
1 minuto lectura
O "escape room" chega á provincia coa presentación en Marín.

Losada, que estivo acompañado da xefa provincial de Tráfico, Paula Yubero, e a dirección do centro, explicou ao alumnado a importancia de respectar as normas e actuar sempre con prudencia cando se está na estrada, tanto como usuario dun vehículo, como peón.

O subdelegado felicitou á DGT por ter traído esta actividade á provincia de Pontevedra e anunciou que os próximos 11 e 12 a actividade pasará polo CIFP Valentín Paz Andrade de Vigo e o próximo día 13 polo IES Mestre Landín, tamén en Marín.

A trama desenvólvese a partir dun suposto accidente de tráfico.

Conductas PAS

A trama deste “Escape room” desenvólvese a partir dun accidente de tráfico cunha ciclista atropelada e interveñen os catro grupos de rescate: Garda Civil, sanitarios, bombeiros e persoal civil.

A “hora de ouro” comprende o intervalo de tempo dende o accidente ata os 60 minutos inmediatamente posteriores. Un período clave, dado que unha intervención rápida e eficiente pode supor a diferencia entre a vida e a morte.

Este é o tempo do que dispoñen os grupos participantes para resolver o enigma e salvar a vida dunha persoa.

En grupos de entre 16 e 32 persoas o alumnado debe desenvolver condutas PAS (protexer, avisar, socorrer) e, finalmente, participarán nunha sesión para poñer os datos recollidos en valor e facer unha avaliación.

Ademais, a DGT dispón dunha modalidade online do “Escape Room”, que está ao dispor de tódolos centros educativos.

Mediante a gamificación motívase o ensino de forma divertida e interactiva. Foto: DGT

Gamificación e aprendizaxe

O escape room é un concepto actual na educación. A innovación en técnicas e metodoloxías educativas, tal como a aprendizaxe experimental, combínanse coas técnicas tradicionais de aprendizaxe para chegar ao mismoobjetivo: motivar para ensinar, dunha forma divertida e interactiva.

Trátase dun proxecto de gamificación baseada nunha experiencia narrativa na que os estudantes desenvolven un proceso reflexivo na consecución e resolución dun enigma seguindo pistas .

Por outra banda, poñen en xogo as súas habilidades cognitivas e relacionales (traballo en equipo, creatividade e capacidade de liderado) cunha finalidade: ser conscientes dos riscos na estrada, os factores que inflúen, a importancia de adoptar medidas e actitudes de prevención, e as consecuencias derivadas.

Sara Martinez

Sara Martinez

✍Directora de Opinión y Política en Diario Marín
🎓 Licenciada en CC de la Información en CEU San Pablo Cardenal Herrera
📰 Periodista en Levante-EMV, 📻 Radio Valencia-SER, 🗞 Agencia EFE
📢 Dircom en el Ayuntamiento de Mislata (📍 Valencia)
👩‍🏫 Profesora de Periodismo en la Escuela Superior de Negocios ESNE Valencia
📱Periodista en el Gabinete de Prensa de la Subdelegación de Gobierno de Pontevedra
Colaboradora de opinión en Galicia 24 horas y Mislata News
💻 Comunicación en redes | 📱 Community Manager
🗣 Educomunicadora en el Colexio de Xornalistas de Galicia
🎙 Podcast Desmontando Bulos en Ocionews Radio
✍ Escritora | Autora de La Rima de tus Huellas 🐾

Deja un comentario

Don't Miss