Cociña para toda a semana, obradoiro de nutrición e cociña no Parque Azul

Marín é a nova parada do II Obradoiro de nutrición e cociña con produtos do mar do GALP Ría de Pontevedra.
2 de noviembre de 2026
1 minuto lectura
Espazo Emprendedor do Parque Azul.
Espazo Emprendedor do Parque Azul.

Marín é a nova parada do Obradoiro de nutrición e cociña con produtos do mar do GALP Ría de Pontevedra, Cociña para toda a semana con sabor a mar, o martes 3 de novembro, de 17 a 21 horas, no Espazo Emprendedor do Parque Azul.

Durante catro sesións, as persoas participantes aprenderán a preparar produtos pesqueiros e marisqueiros, combinando formación sobre alimentación saudable coa elaboración práctica de diferentes receitas.

Con esta iniciativa, o GALP continúa achegando á cidadanía o valor dos produtos da Ría de Pontevedra e promovendo unha alimentación saudable, o consumo de proximidade e unha maior conexión co sector marítimo-pesqueiro.

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Don't Miss