Con motivo da celebración do Entroido, o Ateneo convida a toda a veciñanza a participar nunha das nosas citas máis emblemáticas: o “Concurso de Orellas e Filloas”, que terá lugar o vindeiro martes 17 de febreiro no Ateneo. Este certame busca poñer en valor o talento culinario da nosa comunidade e preservar as receitas máis queridas da nosa terra. A continuación, detallamos a organización da xornada.
HORARIO DO EVENTO:
- De 18:00 h a 19:00 h: Entrega das orellas e/ou filloas no local do Ateneo.
- A partir das 20:00 h: Decisión do xurado, entrega de premios e posterior degustación.
REQUISITOS E INFORMACIÓN DE INTERESE: - Participación: Aberta a todos os públicos e de carácter gratuíto.
- Presentación: Para facilitar o labor do xurado, requírese unha cantidade mínima de 13 unidades por
sobremesa. - Elaboración: A receita será de libre elección, respectando sempre a forma e a esencia tradicional de
cada doce. - Inscrición: No momento da entrega, cada participante deberá achegar un sobre pechado cos seus
datos persoais (nome, enderezo e teléfono de contacto).
As bases completas están dispoñibles nas redes sociais e na páxina web do Ateneo Santa Cecilia.