Cristina Angulo, psicóloga especializada en ansiedade, bloqueos e traumas: “A terapia permite deixar de revivir o que che fixo dano e recuperar a calma”

Angulo afirma que o EMDR é altamente efectiva para tratar o trastorno de estrés postraumático, ansiedade ou depresións.
20 de marzo de 2026
3 minutos de lectura
Cristina Angulo, psicóloga especialista en EMDR

Ao longo da súa traxectoria profesional, a psicóloga Cristina Angulo centrouse en acompañar a persoas que sofren ansiedade, bloqueos emocionais ou experiencias traumáticas, axudándoas a reprocesar esas vivencias e recuperar o equilibrio. A súa práctica destaca por integrar coñecemento científico e experiencia persoal, o que a levou a apostar firmemente por esta metodoloxía.

Diario Marín: Cal é a «tradución» das siglas de EMDR?
Cris Angulo: A «tradución» do termo concretamente é : Desensibilización e Reprocesamento a través de movementos oculares.

DM: Como definiría a terapia EMDR de forma sinxela para alguén que nunca escoitou falar dela?
Cris Angulo: É unha terapia que traballa os recordos traumáticos a través de movementos oculares e así para poder deixar de revivir aquilo que che fixo dano. Isto fará que poidas sentirte segura e recuperar a túa calma.

DM: Como e cando coñeceu vostede a terapia EMDR, e que foi o que lle chamou a atención para formarte nela?
Cris Angulo: Coñecín esta terapia despois de ver que tiña conflitos internos que non podía resolver soa. Probara terapias alternativas, psicoloxía conductual, psicoanálise… pero sentía que, por moitas terapias que fixera, faltábame chegar ao núcleo do problema.

O que me chamou a atención foi o meu propio cambio persoal: gañei seguridade e confianza en min mesma, e sentíame vivindo a vida, non pasando por ela de puntiñas.

Abordar o sufrimento humano

DM: Que lle aportou como profesional especializarse en EMDR e que diferenza notou na súa práctica clínica desde que a aplica?
Cris Angulo: Formarme en EMDR foi atopar unha maneira de abordar o sufrimento humano que permite chegar aos bloqueos emocionais e traumas máis complexos. Poderiamos dicir que é ir directamente á raíz do problema.

Desde que aplico este enfoque, os/as pacientes avanzan a pasos axigantados. É incrible ver na consulta como persoas que levan anos con ansiedade, dós, medos ou relacións tóxicas conseguen reprocesar esas experiencias. Saben que as viviron, pero xa non lles doe recordalas: poden falar delas sen bágoas e enfrontarse a situacións que antes evitaban.

DM: Que tipo de problemas ou situacións se poden tratar con EMDR?
Cris Angulo: A terapia EMDR é altamente efectiva para tratar o trastorno de estrés postraumático, ademais de ansiedade, depresión, fobias, dós complicados, ataques de pánico, adiccións e bloqueos emocionais.

DM: En que se diferencia a terapia EMDR doutros enfoques psicolóxicos máis coñecidos?
Cris Angulo: Traballa directamente coas experiencias traumáticas, permitindo soltar bloqueos emocionais. Utiliza movementos oculares para transformar recordos dolorosos en experiencias neutras. Permite liberar o sufrimento que bloqueaba á persoa e facilita falar dos recordos ou ver fotos sen chorar nin bloquearse.

O traballo coa estimulación bilateral

DM: Como é unha sesión típica de EMDR e que pode experimentar a persoa durante o proceso?
Cris Angulo: Unha sesión comeza recollendo a historia clínica e entendendo por que a persoa acode á terapia nese momento. Despois identifícanse os recordos a traballar e aplícase un protocolo estruturado de oito fases para reprocesalos.

DM: Que papel xoga a estimulación bilateral no reprocesamento das experiencias traumáticas?
Cris Angulo: A estimulación bilateral permite que as redes neuronais bloqueadas integren nova información, axudando a entender a experiencia desde a persoa que es agora.

Os movementos oculares simulan o que ocorre no sono REM: o cerebro procesa o importante e integra as experiencias. Cando isto non sucede cun trauma, queda “gardado” no inconsciente e pode reaparecer en forma de malestar.

Un antes e un despois

DM: Que evidencia científica avala a eficacia do EMDR?
Cris Angulo: Desde os anos 80 realizáronse numerosos estudos que avalan a súa eficacia. Organismos como a OMS ou a APA recoñecen o EMDR como tratamento efectivo para o trauma.

DM: Que lle diría a alguén que está pensando en probar esta terapia, pero ten medo ou dúbidas?
Cris Angulo: Diríalle que é normal ter medo ao descoñecido. Pode parecer algo “máxico”, pero cando o vives é un antes e un despois.

A terapia EMDR é unha experiencia: por moito que cha expliquen, hai que vivila para comprender os cambios internos que produce. Eu diría que é un proceso emocionante e transformador.

Más información: www.cristinangulo.com

Cristina Corral

Cristina Corral

📚 Directora Adjunta y Cultura de Diario Marín
🎓Periodista (UCJC)
🎓Licenciada en Hispánicas (USC)
👩‍🏫Graduada en Educación Primaria (UCJC)
🇬🇧 Cursó estudios de Filología Inglesa (UDC)

📰 Trabajó como periodista en: El Progreso (Lugo) y Europa Press (Madrid).
🎬Fue guionista en Netex Learning

👩‍💼Subdirigió la Revista Foeminas de la Casa de la Mujer (Concello de Lugo)
🎨Fue coeditora del magazine cultural A Revolta .
👩‍🏫 Ejerce como profesora de secundaria de Lengua y Literatura Española

📝Colabora con diversas revistas como Xistral o Trasluz 📖 y escribe cuentos infantiles 🧒y poesía para adultos📜
🗞️ Se pueden leer sus artículos periodísticos en medios como Galicia Digital, Sermos Galicia, Plaza Pública o Galicia Confidencial.

📻 Desde 2017 codirige el proyecto ESPORA (Escolas pola Radio) 🎙️ y en la actualidad es la Directora Adjunta de Diario Marín (Pontevedra) 🏙️.

📚 Bibliografía: https://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/cristina-corral-soilan/obra

1 Comment Deja una respuesta

  1. Cristina tratoume durante bastantes meses, creo que ano e pico, e fixome terapia EMDR. Fai tempo.que me dou a alta. Axudoume non só a levar con moita máis calma a enfermidade dun familiar senon tamén con outros traumas.e bloqueos antigos. Funciona

Deja un comentario

Don't Miss