O programa consiste nunha estancia de seis días e cinco noites nun hotel con balneario, talaso, spa ou outras instalacións de características similares, da provincia de Pontevedra, en réxime de pensión completa e con actividades de animación sociocultural.
As persoas que participan neste programa han de reunir unha serie de requisitos como estar empadroadas na provincia de Pontevedra, ter 55 anos ou máis e posuir a condición de pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
Prazo e lugar de inscripción
O prazo de inscripción vai do 19 de maio ao 6 de xuño. As inscripción presentaranse preferiblemente por vía electrónica, a través do formulario normalizado dispoñible en http://sede.depo.gal. Aquelas persoas que precisen asistencia para presentala serán atendidas nos concellos adheridos como entidades colaboradoras.
Os lugares da provincia de Pontevedra onde se levará a cabo o programa «+BENESTAR» en centros termais son: Sanxenxo, Laín, Vilalonga, O Grove e Mondariz.
Máis información aquí
