A partir do 2 de xaneiro de 2026, a nova normativa en España esixirá que todos os patinetes eléctricos (VMP) conten obrigatoriamente con seguro de responsabilidade civil, rexistro na DXT e unha etiqueta identificativa visible para circular.
Por ese motivo, a Policía Local de Marín porá en marcha durante este mes unha campaña informativa dirixida ás persoas usuarias dos vehículos de mobilidade persoal (VMP), como os patinetes eléctricos, co obxectivo de lembrar a normativa vixente e fomentar unha convivencia segura no espazo público.
Durante as primeiras semanas, a campaña terá un carácter exclusivamente informativo e pedagóxico. Non obstante, tras este período inicial, comezarán a aplicarse sancións a aquelas persoas que incumpran a normativa.
Así mesmo, a Policía Local lembra que estes vehículos non poden circular polas beirarrúas nin por zonas peonís, non está permitido o uso de auriculares durante a condución e só pode circular unha persoa por patinete. Ademais, débense respectar as normas de tráfi co vixentes e ao resto de usuarios da vía.

Normativa básica
Antes de circular é importante coñecer as normas que teñen que cumprir os usuarios dos vehículos de mobilidade persoal (VMP) nos seus desprazamentos urbanos e facelo de forma segura. En 2020, rexistráronse 8 falecidos que viaxaban neste tipo de vehículos, 7 deles en vías urbanas e 1 en interurbana, estradas onde o seu uso está prohibido.
Cada Concello pode regular, dunha maneira específica, a circulación de VMP (entre eles, os patinetes eléctricos). Con todo, todos os usuarios deben cumprir unhas condicións mínimas que veremos a continuación.
Está prohibido que os VMP vaian por beirarrúas, zonas peonís, pasos de travesía, autoestradas, autovías, vías interurbanas ou túneles en ámbito urbano. As vías autorizadas para circular indicaraas unha ordenanza municipal.
Se non a houbese, permítese a circulación por calquera calzada urbana.
A velocidade destes vehículos deberá estar entre 6 e 25 km/h.
Requisitos técnicos
A DXT desenvolveu un Manual de características dos vehículos de mobilidade persoal. Unha vez publicado e transcorridos 24 meses, todos os VMP deberán levar un certificado de circulación para garantir uns mínimos requisitos de seguridade.
É obrigatorio que VMP dispoña de sistema de freado, dispositivo de advertencia acústica (timbre) e luces e dispositivos reflectores traseiros e dianteiros.
Aconséllase, ademais, o uso do casco, aínda cando a ordenanza municipal non o contemple como obrigatorio e seguro de responsabilidade civil.
https://www.dgt.es/muevete-con-seguridad/viaja-seguro/en-patinete