Formación en liña e gratuítas sobre intelixencia artificial, IA

As propostas están dirixidas a empresas, persoas emprendedoras, profesionais da comunicación e público xeral. Cada curso ofrece 15 prazas e as inscricións poden realizarse ata o 2 de outubro en cemit.xunta.gal
28 de septiembre de 2026
1 minuto lectura

O Concello de Marín anuncia unha oferta de catro formacións en liña e gratuítas para coñecer as posibilidades da intelixencia artificial e aprender a aplicala no ámbito profesional. O programa abrangue desde unha introdución á IA ata o seu uso nas empresas e nas redes sociais, e inclúe tamén unha formación sobre xestión de comunidades dixitais.

Persoas emprendedoras

As inscricións xa están abertas ata o 2 de outubro a través de cemIT.xunta.gal. Cada unha das propostas conta con 15 prazas.
Catro propostas para diferentes perfís A formación «IA aplicada ás empresas» está dirixida a empresas e persoas emprendedoras. Desenvolverase do 5 ao 30 de outubro, en horario de 09.30 a
11.00 horas, e consta de 30 horas de formación.

Pola súa banda, «IA nas redes sociais» aborda a aplicación destas ferramentas á comunicación dixital. Está dirixida a empresas, persoas autónomas e outros perfís profesionais. Celebrarase do 5 de outubro ao 23 de novembro, de 10.00 a 11.00 horas, cunha duración de 36 horas.

Para quen desexe comezar polos conceptos básicos, «Introducción á IA» está aberta ao público en xeral. Impartirase do 5 de outubro ao 9 de novembro, de 09.00 a 10.00 horas, e ofrece 26 horas de formación.
A cuarta proposta, «Community Manager, redes e web 2.0», está dirixida a
profesionais da comunicación. Desenvolverase do 5 de outubro ao 30 de
novembro, de 10.30 a 12.15 horas, cun total de 72 horas de formación.

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja un comentario

Don't Miss