IA Estratéxica para o comercio marinense

Durante as tres xornadas traballaranse aplicacións prácticas da IA para identificar produtos máis rendibles, detectar oportunidades comerciais, planificar promocións, preparar campañas estacionais ou mellorar a organización de diferentes tarefas do día a día.
5 de octubre de 2026
1 minuto lectura
Yonathan Carreira en la sede del Centro Comercial Abierto Estrela de Marín.
Yonathan Carreira na sede Centro Comercial Abierto Estrela.

A actividade está dirixida a comerciantes que queiran dar un paso máis no uso da Intelixencia Artificial e incorporala non só á comunicación ou á creación de contidos, senón tamén á xestión e á toma de decisións do negocio.

Folla de ruta

O programa abordará tamén a utilización da Intelixencia Artificial como ferramenta para diferenciar o comercio local, definir mellor a proposta de valor de cada establecemento e personalizar a comunicación cos clientes.

Un dos principais resultados da formación será a elaboración por parte de cada participante dunha folla de ruta para os seguintes 90 días, establecendo prioridades, accións concretas e indicadores que permitan comprobar os resultados obtidos.

Desde Estrela de Marín sinalan que esta nova acción formativa pretende que os comerciantes poidan utilizar a IA “como unha ferramenta real de apoio ao negocio, que permita aforrar tempo, analizar mellor a información dispoñible e adoptar decisións de maneira máis áxil”. As inscricións poden realizarse a través da web de Estrela de Marín, en Inscrición curso

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Don't Miss